09 septiembre 2009

Protesta de padres ante la situación del nuevo instituto de Ponteareas

PONTEAREAS (MORRAZO-TRIBUNA).- A fededación de Pais e Nais de Ponteareas critica ao goberno municipal por non ter cumprido o compromiso de ter o novo Instituto en funcionamento para comezo do curso escolar 2009-2010.

Tras a reunión mantida o mércores 9 de setembro có alcalde, Salvador González e o concelleiro de Vías e Obras, Juan Carlos Carrera e a Federación. Os pais e nais confirmaron as súas sospeitas, que o Novo Instituto non comezará o curso escolar por problemas nos servizos básicos, abastecemento, saneamento e alumeado ao igual que os accesos rodados e peonís a dito centro.

A nove días do comezo do curso escolar a Consellería de Educación, non garante o comezo do curso escolar no Novo Instituto e está programando ubicar a máis dun centenar de nenos noutro centro en horario de tarde, o que ocasionaría as familias un grave problema de conciliación familiar e laboral, afirma o Presidente de FANPA, Alberto Covelo.

Os pais e nais levan máis dun ano advertindo de que o Novo Instituto carecía de accesos seguros para os alumnos do centro e que non se cumplirían os prazos para poder abrilo no comezo do curso 2009-2010. Nestes intres atopámonos cun centro rematado, con traballadores asignados e con todos os equipamentos, pero sen os servizos básicos cubertos pola incapacidade e deixadez do goberno municipal de xestionar ditas obras.

A comunidade educativa leva reclamando un Novo Instituto dende fai case unha década, e grazas a insistencia dos pais e nais agora o centro é unha realidade, pero do que non poderán disfrutar os nenos por non poder acceder ao mesmo.

A directiva da Federación de Pais e Nais de Ponteareas non descarta tomar medidas de presión para que o Goberno Municipal desperte e solucione este grave problema.