A ESTRADA/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación de Pontevedra ven de conceder tres subvencións por importe total de 5.000 euros ás asociacións de Veciños de San Breixo de Lamas, Curantes e ás Mulleres Rurais de Tabeirós por diferentes conceptos.
Á Asociación de Veciños de San Breixo de Lamas, o organismo provincial concedeulle unha axuda de 3.000 euros para financiar a obra de ampliación de local social, que se acometerá mediante o pechamento dunha das súas partes, así como o seu acondicionamento e adecentamento interior.
Por outra parte, a Asociación de Veciños de Curantes, percibirán da Deputación unha achega de 1.500 euros para construír un muro nos exteriores do local social, que permitirá que os seus veciños dispoñan dunha zona acotada e se realicen unha serie de actividades culturais nese área, libre de elementos non desexados.
As Mulleres Rurais de Tabeirós, pola súa banda, recibirán 500 euros do ente provincial para desenvolver as tarefas de acondicionamento dos sanitarios do seu local social, que consistirá na colocación de azulexos, pavimentos e novos sanitarios.
Estas colaboracións económicas proceden do Plan de Acción Comunitaria (PAC) da Deputación que ten como obxectivo colaborar coas agrupacións veciñais da provincia en aspectos relacionados coa mellora do medio rural e dos barrios mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles.
Segundo establecen as bases do PAC, as obras deberán estar executadas e xustificadas antes do 31 de outubro de 2009.