01 noviembre 2008

MOS : Arévalo denuncia que Escudero non mandase paralizar as obras da Veigadaña

MOS (MORRAZO-tribuna) .- A voceira do Partido Popular de Mos, Nidia Arévalo, denunciou que a alcaldesa mosense, María Jesús Escudero, non ordeara a paralización das obras de construcción do polígono empresarial de Veigadaña durante o pleno celebrado o pasado xoves, 30 de Outubro.
Arévalo informou de que durante a reunión plenaria Escudero declarou que "todo está ben, así que as obras poden continuar". Sen embargo a presidenta dos populares de Mos pregúntase
"¿cómo pode saber a alcaldesa que todo está ben se non conta con nigún certificado nin informe oficial que o asegure?". Segundo a edil do Grupo Popular municipal "María Jesús Escudero argumentou durante o pleno que todo está ben na Veigadaña baseándose nunha conversa que tivo coa xerente de Xestur na que esta lle asegurou verbalmente que as obras están en perfectas condicións"; "e ela creu as súas parabras", lamentou a concelleira do PP.
Ademais Nidia Arévalo insiste no seu comunicado que "ó Partido Popular de Mos non nos vale que Escudero se excuse e tire balóns fóra alegando que as da Veigadaña son unhas obras de carácter supramunicipal, porque ela é a alcaldesa e ten responsabilidade sobre todo o que se faga no municipio".
Arévalo recalca tamén que "os veciños da Veigadaña están moi preocupados porque todo segue igual, non se retranquearon os taludes, non se asinou o compromiso de Xestur para levar a cabo o centro social e as melloras no campo de fútbol das Baloutas, non se habilitaron as cunetas nin existe un sistema de recollida de augas pluviais".
Arévalo atópase especialmente preocupada polo acceso ó barrio, tema sobre o que o ministerio de Fomento aínda non se pronunciou. Dí que "Veigadaña quedará sen accesos" e que "tódalas fincas paralelas á estrada N-550 no tramo de Santa Marta quedarán sen ningún tipo de vía pola que poidan chegar hasta elas os vehículos de labranza". "Ademais os peóns non poderán cruzar dun lado ó outro desta estrada porque instalarase nela unha dobre valla, de xeito que a parada de autobús quedará aislada e non poderán acceder a ela".
Nidia Arévalo acusa a María Jesús Escudero de non ter xestionado nin con Fomento nin con Xestur, deixando de lado os intereses dos veciños "que son ós que ten que defender. Arévalo dí que "Escudero é unha alcaldesa demasiado tranquila que non sabe negociar" e ínstaa a que "tome cartas no asunto da Veigadaña, porque se ocorre algún accidente os responsables serán ela e mais Xestur".