16 octubre 2008

A DEPUTACIÓN INFORMA FAVORABLEMENTE O PLAN DO PARQUE DE FRAGAMOREIRA, EN POIO : XESTUR ACEPTOU A SÚA PROPOSTA DUNHA CONEXIÓN COA ROTONDA D

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra, resolveu informar favorablemente o expediente de referencia do Parque Empresarial de Fragamoreira, no concello de Poio, unha vez que Xestur aceptou a súa proposta de modificar o acceso á zona industrial mediante unha conexión directa co nó de acceso á vía autonómica VG-4.8, e unha vez que eliminou o acceso inicial previsto do parque á EP 0603.
O pasado 9 de xullo, a Deputación informara desfavorablemente o devandito plan por establecer un sistema de conexións inaceptable coa rede de titularidade da Deputación de Pontevedra.
Agora, Xestur Pontevedra, en calidade de promotor do citado parque industrial, confeccionou unha addenda xustificativa na que contemplou unha modificación do acceso á zona industrial de forma que se deseñou unha conexión directa coa rotonda de acceso á vía autonómica VG-4.8, eliminando o acceso á EP 0603.
En atención a esta nova circunstancia, o goberno da Deputación de Pontevedra informou favorablemente o expediente do parque.