MOAÑA (MORRAZO-tribuna) .- Foi o neboeiro, posiblemente, o que provocou esta mañá
accidentes e os conseguintes atascos na ponte de Rande, de novo os problemas ben coñecidos. Foron dous os accidentes que se produciron ao longo da mañá no mesmo local.
Pouco antes das nove un accidente múltiple con tres vehículos impactando, o que provocou retencións na entrada a Vigo pola autoestrada AP-9. Na colisión houbo feridos, segundo informou o 112. A partir desa situación, as retencións de tráfico que chegaron a paralizar por completo a circulación na ponte de Rande.
A mesma historia repetiuse xa na altura do mediodía, pero neste caso no sentido Pontevedra. Moi pouco antes da saída a Cangas xurdiu outro accidente neste caso coma protagonistas un turismo e un camión. Foi pechado ao tráfico un dos carris para a a retirada dos vehículos implicados. Só a unha e media aproximadamente, foi que o tráfico regresaría á normalidade.