16 octubre 2008

O Mago Antón e rock alternativo,
esta fin de semana en Bueu

BUEU (MORRAZO-tribuna) .- O pub Aturuxo de Bueu acollerá este sábado o espectáculo magoanton.com/unipersonal, no que o ilusionista se mestura co público para que os espectadores deixen de ser anónimos e convértanse no eixo central das representacións.
O mago galego promete reeditar en Bueu algún dos seus trucos máis impactantes, xunto dalgunhas novidades.
O pub Aturuxo anuncia que completará a súa oferta de fin de semana o domingo 19 cun dobre concerto. A partir das 21.30 horas, os asistentes terán rock ao prezo de 5 euros. Actuan : Sunrise, unha agrupación pontevedresa , e tamén Sweet Oblivion Band, os coruñeses de San Sadurniño que apostan pola vertente do rock alternativo.