13 octubre 2008

Unha fin de semana mais, Pontevedra rexistra o maior número de accidentes en Galiza

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Urxencias Sanitarias de Galicia -061 asistiu durante a fin de semana a un total de 101 persoas debido a 73 procesos de asistencia por accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres 10 de outubro, ata as 23:59 horas do domingo 12 de outubro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 32 procesos asistenciais.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 93 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 73 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 101 persoas.
A proporción de homes atendida foi do 60 por cento. No que se refire ás idades dos feridos, obsérvase que a franxa de idade máis habitual foi a situada entre 15 e 29 anos, con 40 pacientes atendidos.
Por provincias foi a de Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 38 sinistros durante os desprazamentos destas datas, seguida da de A Coruña, con 22.