VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).-O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, comprometeu esta mañá o esforzo do Goberno galego para axudar á reactivación da economía e paliar “ao máximo posible” o desemprego.
Así o asegurou esta mañá en Ourense, onde sinalou que o dato de paro rexistrado no mes de outubro é “un mal dato” que revela que, por mor da crise internacional, se está a producir en Galicia e en toda España “unha retracción e un forte axuste” en materia de emprego, contra o que o Goberno que preside está a tomar medidas.
“Ese axuste en termos de emprego é o que máis me preocupa, a miña máxima preocupación nestes momentos é liderar o país, estar ao fronte, tomar medidas e dar resposta para paliar ao máximo posible ese axuste sobre o emprego e para responder dende a iniciativa politica”, asegurou.
Múltiples liñas de acción
O presidente fixo fincapé nas diferentes liñas de acción a través das que o Goberno galego está a facerlle fronte á crise. Así, subliñou que os Orzamentos da Xunta para 2009 fan “unha aposta moi potente” en materia de investimento público e que xa no mes de xaneiro se puxo en marcha o programa de dinamizacion de obra pública, pioneiro en España. Este plan, abundou o presidente, foi ampliado e incentivado recentemente coa aprobación dun segundo grupo de medidas de apoio financiero a todo proxecto viable de investimento de pequenas e medianas empresas a través dunha liña de avais da Xunta de Galicia.
Finalmente, aludiu ás medidas de incentivación á contratación de parados. “Poremos en marcha, con máis forza que nunca, as medidas comprometidas de, entre outras, incentivar con 10.000 euros por contrato, por traballador que se rescate do paro por parte de calquera empresa radicada na nosa comunidade”, significou.
Con todo, Pérez Touriño explicou que, malia a situación de crise actual, o peso de Galicia no conxunto do Estado segue a ser menor que hai tres anos. “En outubro do ano 2005, Galicia pesaba no paro de España un 8,6 por cento. Hoxe, en plena crise, en pleno axuste, o 5,98 por cento”, remarcou.
“Temos que seguir traballando na dirección na que estamos a traballar, non imos perder pulso, senón todo o contrario, e intensificar a actividade enmpresarial, poñer en marcha todas as medidas e seguir incentivando o diálogo social e axilizar a execución nos orzamentos de todas as medidas previstas. Ímonos volcar nos instrumentos dos que dispoñemos para axudar á reactivacion económica”, aseverou o presidente, quen manifestou a súa confianza en que Galicia “vai chegar ao ano 2009 respondendo mellor que España”. “É unha aposta que me fago, espero conseguilo e que así sexa”, concluíu.