20 noviembre 2008

A FAVEC pide un plan de proteción especial para as zonas humanizadas de Vigo

VIGO (MORRAZO-tribuna).- As zonas humanizadas son especialmente sensibles aos factores agresivos como o tráfico ou usos incívicos da cidadanía. Tendo en conta os elevados custes que as humanizacións supoñen para arcas municipais e o especial servizo que estas zonas prestan á veciñanza, a FAVEC solicitou ao Concello de Vigo que elabore unha normativa específica que regule a utilización destes espazos públicos e vele polo correcto estado e mantenimento ao longo dos anos.
"Na actualidade moitas zonas recentemente humanizadas están desfeitas, sucias, precisan de constantes obras de reparación ou sofren un envellecemento acelerado. Tal é o caso da contorna do mercado do Calvario onde os camións prefiren aparcar na zona humanizada fronte ao mercado mesmo en lugar de facelo nos espazos habilitados para carga e descarga, o mesmo sucede na rúa Carral ou no Paseo de Príncipe, onde o tránsito constante de vehículos de gran tonelaxe provocan continuos destrozos no firme de granito, ante a pasividade da policía que debía controlar estas zonas. A contorna da Praza de Portugal tamén sufre este deterioro acelerado con camións e vehículos aparcados sobre as beirarrúas acusando contantes destrozos no mobiliario, manchas e suciedade. O botellón incontrolado en zonas como Montero Ríos tamén fai que as zonas humanizadas presenten continuos destrozos e suciedade", explica a Federación de Asociacións de Veciños de Vigo.
É por todo que esta Federación pide ao Concello que actúe con urxencia para conservar estes lugares especialmente valiosos para a cidadanía. Resulta moi importante iniciar unha campaña informativa e educativa pero tamén que a policía sexa visible nestas zonas e se sancione a quenes incumpran a norma para promover ao fin un uso responsable dos espazos humanizados.
Zonas Wifi
Fronte ao actual modelo de puntos de acceso a internet estáticos que recentemente puxo en marcha o Concello nalgunhas zonas peonís, a FAVEC aposta porque a cidade Vigo siga o modelo que estase a implantar en Europa con zonas wifi dinámicas en diferentes puntos acotados con sinais informativos. Estas zonas permitirían a calquera persoa acceder libremente a internet desde o seu dispositivo portátil ou mobil, algo que resulta complementario co modelo xa posto en marcha.