
Rodríguez Davila asegura ademais que os veciños da Pedra xa se dirixiron ó concelleiro de Vías e Obras, Fortunato Álvarez, solícitándolle que arreglase a fonte. "A resposta do edil foi o compromiso de que a fonte da Pedra sería arranxada, pero xa pasou un mes dende a súa promesa e todo segue igual", declarou Santiago Rodríguez, quen ademais mafifestouse indignado porque "o BNG énchese a boca dicindo que son os únicos que preservan e defenden a cultura galega, pero en realidade despreocúpanse totalmente do patrominio artístico municipal".
A solución ó problema sería tan sinxela, segundo o vicepresidente do PP de Salceda, coma a de poñer unha arqueta e canalizar cun tubo a auga da fonte no seu nacemento para que non se perda. "O malo é que os obreiros de Covsa xa marcharon porque remataron o traballo neste barrio e a fonte quedou sen arreglar".
O PP de Salceda de Caselas critica tamén que dende o Concello se queixasen de que non puideron acometer os cen últimos metros de saneamento no barrio da Pedra porque non lles chegou o orzamento, "sen embargo abriron a zanxa na estrada en todo o percorrido, incluso neses cen últimos metros que despois tiveron que asfaltar de novo e que se abriron para nada, pois non se introduciu instalación neles", declarou o vicepresidente popular. Santiago Rodríguez apuntou tamén que "cun pouco máis do que gastaron en abrir inútilmente eses cen metros e logo volver a asfaltalos, houberan pagado o tramo de saneamento que quedou sen acometer".