VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- As axudas ofertadas pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para que pequenas e medianas empresas (Pemes) galegas reduzan as emisións á atmosfera de gases de efecto invernadoiro evitarán que se produzan 4.635 toneladas de CO2 anuais.
A Consellería de Medio Ambiente financiará con axudas por un importe de 276.318 euros un total de 13 proxectos que levarán implícita unha redución de 4.635 toneladas de CO2 equivalente anualmente.
Dentro das accións dirixidas ao sector industrial no Plan Galego de Acción Fronte ao Cambio Climático inclúense estas subvencións para a realización de investimentos que reduzan emisións de gases efecto invernadoiro. Así se recolle na orde do 24 de abril de 2008, que convoca e regula as axudas a través de tres liñas de acción prioritarias, como a eficiencia enerxética, o transporte sostible e os proxectos de compensación de emisións desenvolvidos no ámbito xeográfico de Galicia.
Deste xeito, cinco empresas melloraron a súa eficiencia enerxética mediante a mellora dos seus sistemas de calefacción e refrixeración, coa instalación de bombas de calor por xeotermia, de placas solares ou o aproveitamento térmico de biomasa, mentres que outras seis empresas melloraron o seu proceso produtivo ou modificaron o tipo de combustible empregado, substituíndo motores de gasóleo por outros de gas natural.
Ademais, unha empresa de transportes pontevedresa fomentou a sostibilidade na súa actividade mediante a instalación dunha unidade expendedora de biodiésel e, dentro dos proxectos de compensación de emisións, outra empresa de transportes levou a cabo a plantación de 800 árbores nas estacións de autobuses.
Esta iniciativa, recollida dentro do Plan Galego de Acción Fronte ao Cambio Climático, aborda a redución de emisións difusas, non sometidas ao réxime de comercio de dereitos de emisión de gases efecto invernadoiro. É dicir, pretende favorecer e servir de axuda ás empresas que non están obrigadas a reducir as súas emisión de gases efecto invernadoiro polo Protocolo de Quioto para renovar a súa tecnoloxía e conseguir deste xeito minimizar a produción de CO2.
Trátase de primar as empresas para que impulsen proxectos que conduzan á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro e contribuír así a facer fronte ao fenómeno do cambio climático, desde a perspectiva da mitigación e facilitar o cumprimento dos compromisos derivados do protocolo de Kioto.