VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Diario Oficial de Galicia vén de anunciar esta semana a contratación para a realización dunha enquisa para o estudio de prevalencia dos trastornos mentais en Galicia. O Servizo Galego de Saúde destina un orzamento total de 310.345 euros e os interesados teñen de prazo ata o 17 de novembro para presentar as súas solicitudes. Toda a información relativa a esta contratación pode consultarse en www.sergas.es e www.galiciasaude.es.
Con este estudio, a Subdirección Xeral de Drogodependencias e Saúde Mental pretende avaliar os principais diagnósticos atendendo á súa alta prevalencia ou ben á súa gravidade, así como a necesidade de asistencia medida con instrumentos obxectivos de gravidade ou repercusión na calidade de vida así como na necesidade percibida de asistencia. Ademais analizarase a presión asistencial que xeran as diferentes tipoloxías de usuarios.