04 noviembre 2008

A Guarda : charla sobre a menopausia
no Centro Cultural

A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- O Centro de Información á Muller da Guarda informa que o día 6 de novembro ás 19:30 horas vai ter lugar no Centro Cultural da Guarda unha charla informativa sobre a menopausia, dentro do marco das conferencias médico-sanitarias organizadas pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello da Guarda.
GALA EN DIRECTO
O Castro de Santa Trega competirá no programa "A TERRA DOS PRODIXIOS" con Ribadavia (Ourense), Os Ancares (Lugo), Torre de Hércules (A Coruña).
Este xoves 6 de novembro sairá un autobús dende A Guarda para defender e apoiar o noso castro. Requisito ter mais de 16 anos. Saída ás 6 da tarde no Centro Cultural; a chegada dependerá do remate do programa. Para anotarse chamar ó 986610000 ou pasar polo Concello da Guarda.