VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, respostou de maneira rotunda e taxante á pregunta formulada pola deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, sobre o proxecto da Autoridade Portuaria de Vigo de depositar 150.000 toneladas de vertidos procedentes da dragaxe das dársenas do porto fronte ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. “Esa cuestión é unha decisión que compete á Autoridade Portuaria de Vigo e se o Ministerio intervén iría máis alá das súas competencias”, afirmou a titular de Fomento.
É unha zona a protexer, advirte o BNG
No turno de réplica, a deputada do BNG manifestou o seu desacordo pola resposta xa que “a Autoridad Portuaria viguesa depende do Ministerio de Fomento”. A renglón seguido, Davila remarcou que a presentación desta pregunta “é porque no proxecto para a dragaxe das dársenas do porto de O Berbés, contémplase depositar na zona da costa situada fronte ás Illas Atlánticas, en concreto nas Illas de Sálvora e Ons, os 72.000 metros cúbicos de lamas que se van extraer”, comezou a súa intervención a deputada do BNG.
Olaia Fernández Davila trasladou á Magdalena Álvarez a preocupación do BNG polo impacto medioambiental “nunha franxa marítima que debería estar protexida”. Salientou o feito de que nos últimos catro anos se verteron na mesma zona toneladas de vertidos procedentes dos portos próximos, Tragobe, Rianxo, Meloso, O Grove e Vilagarcía.
Para a deputada do BNG non abonda que as autoridades digan que estes restos da dragaxe se rixen polas recomendacións do Centro de Estudos e Experimentación, nen que a Autoridade Portuaria viguesa afirme que se trata dunha pequena dragaxe e que conta cun programa específico de seguimento e vixianza medioambiental que dí que non teñen ningún elemento contaminante.
“Señora Ministra, isto non nos tranquiliza. Do mesmo xeito que non nos tranquilizan as palabras do Presidente de Portos de Galiza que chegou a afirmar que, ademáis de non seren contaminantes, estes vertidos incluso poden ser beneficiosos para a actividade pesqueira e marisqueira”, enfatizou Davila.
Neste sentido, a parlamentar nacionalista puxo de manifesto que nun porto de grande actividade como é o de Vigo, “as altas concentracións de hidrocarburos, pinturas, aceites ou metais pesados, son unha realidade”. Ademáis, puntualizou, esta franxa costeira debería ser protexida.
A Ministra escúdase na Lei de Portos para eludir responsabilidades
Na contraréplica, a Ministra de Fomento reiterou o argumento e remitíu á Lei de Portos, xustificando as competencias do Ministerio e as das Autoridades Portuarias. E unicamente, indicou, que Fomento pode realizar informes que “son preceptivos pero non vinculantes” en caso de proxectos que superen os 3 millóns de euros. Neste caso, sostivo, trátase dunha actuación de 1 millón de euros que lle compete “exclusivamente á Autoridade Portuaria”.
Magdalena Álvarez engadiu que “os presidentes de Autoridades Portuarias son nomeados polas Comunidades Autónomas, e o Ministerio non debe intervir”.