PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- Os organizadores da VI Feira de Outono avaliaron no día de hoxe a recén rematada Feira, que se celebrou na Praza Maior da Vila do Tea durante o pasado fin de semana, lugar onde se instalaron varias carpas, nas que se dispuxeron os artesáns e agricultores, a exposición de cogumelos e a ludoteca e a zona da degustación de cogumelos.
A Feira incluiu un numeroso número de actividades paralelas. Entre elas, a animación de rúa, con zancudos e outros artistas, música tradicional durante o magosto, a ludoteca, o reparto de 500 quilogramos de castañas, centos de chourizos e viño no Magosto, …
Ademais, por ver primeira, dentro da programación da Feira de Outono encadrouse a Revista oral Fiar o Tempo, que congregou a centos de persoas na carpa na que se realizou. Neste mesmo lugar, durante o domingo, instalouse a exposición anual de cogumelos do Grupo Ecoloxista Adenco e que recollía unha mostra da rica biodiversidade micolóxica do Concello de Ponteareas, con máis de sesenta especies diferentes de cogumelos.
Tamén o domingo foi o día da degustación de cogumelos, todo un acerto, xunto ao éxito das filloas á pedra, domingo que rematou co magosto popular, coas castañas, chourizos e viño novo, amenizado por música tradicional.
Adenco, A Casa da Triga, as Asociacións Xuvenís MZS e Galiza Nova, xunto ao Sindicato Labrego Galego agradecen a colaboración recibida por parte dos comerciantes de Ponteareas e anuncian a súa intención de comezar a traballar xa para manter o nivel acadado por este evento na primeira fin de semana de Novembro de 2009, intentando atraer a máis xente da Comarca nun fin de semana cheo de actividades e pondo en valor a nosa cultura e os nosos produtos