04 noviembre 2008

Loas de Touriño a Magdalena después de que esta dijese que el AVE estará aquí en el 2012 y que Feijoo es un ignorante de estas cosas...


COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- Pasó la ministra de Fomento por Galicia. Y dijo en voz alta que el AVE llega en el 2012, que Feijoo es un ignorante y que si ella no dice más veces lo del 2012 es porque no se acuerda de decirlo o porque cree que todos lo saben ya... Unas horas después de que la ministra escenificase el horizonte 2012, Touriño, presidente de la Xunta, da loas a la ministra, emite un comunicado vibrante y dice :

O PRESIDENTE DA XUNTA EXPRÉSALLE Á MINISTRA DE FOMENTO A SÚA SATISFACCIÓN POR TRASLADARLLE AOS GALEGOS A CONFIANZA E A SEGURIDADE DE QUE A COMUNIDADE TERÁ AVE EN 2012

§ Emilio Pérez Touriño e Magdalena Álvarez visitaron as obras do viaduto do Deza da liña de alta velocidade Ourense-Santiago
§ Touriño manifesta a súa satisfacción á ministra porque deixou “claro e evidenciado que este país, España, e esta comunidade, Galicia, ten unha folla de ruta ben trazada e un rumbo claro e navegamos con decisión nese rumbo e nese horizonte expresado hoxe”
§ Remarca que se “está facendo un esforzo sen precedentes na historia da comunidade” xa que Galicia conta “con recursos extraordinarios como nunca puido ter na súa historia” para facer realidade a alta velocidade
§ A ministra destaca que Fomento investirá en 2009 en Galicia 1.580 millóns de euros, o que representa máis do 9 por cento do investimento territorializado do Ministerio e sitúanos como a terceira comunidade con máis investimento per cápita
§ Remarca que todos os treitos entre Ourense e Lubián estarán licitados o ano próximo, xa que teñen cobertura nos Orzamentos Xerais do Estado
§ Asegura que o 78 por cento da alta velocidade entre Ourense e Santiago está realizada e investidos un total de 912 millóns de euros, case un 50 por cento do orzamento total
§ O presidente da Xunta asevera que a apelación “a desconfianza, á catástrofe e a convocatoria á resignación” realizada reiteradamente polo PPdeG “non atopan nin encontrarán eco nunca en Galicia”
§ Asevera que a súa mensaxe é de “confianza, de ganas, de coraxe e de ilusión”, que é “o que sempre distinguiu ao pobo” galego. “Esa é a ruta da que nada nin ninguén nos vai apartar”