04 noviembre 2008

O Banco do Tempo organiza
un obradoiro de labores

VIGO (MORRAZO-tribuna) .- O Banco do Tempo (BdT) da Federación Veciñal “Eduardo Chao” por en marcha un obradoiro para aprender e ensinar diferentes tipos de labores. Comenzará o vindeiro mércores 12 de novembro e terá lugar na biblioteca central de Vigo (rúa Joaquín Yañez nº6).
Baixo o nome “Faino ti mesmo e ensina o que saibas facer” o obradoiro consistirá en que cada participante leve a súa propia labor: agullas, fío, lá, almohadilla para o encaixe de paus…, dependendo da labor que queira aprender e ensinar. Deste xeito as persoas participantes terán a oportunidade de dar e recibir coñecementos en diferentes labores: coser (un botón, subir unha basta), facer calceta, ganchillo, bainica, encaixe de palillos, punto de cruz…
A iniciativa xorde dunha das socias do BdT e das súas compañeiras de encaixe de palillos, que xa están dispostas a compartir os seus coñecementos e aprender outras novas disciplinas.
Os obradoiros son gratuítos, terán unha hora de duración e un aforo limitado a 12 -15 persoas. Para anotarse as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa Federación Veciñal “Eduardo Chao” na Praza da Princesa nº7, 2º, no teléfono 986 22 30 67, en horario de 9:30 a 13:00 horas, ou no correo electrónico bancosdotempo@favec.es