04 noviembre 2008

A FAVEC pide ao Alcalde de Vigo que non suprima o convenio que permite a esta entidade seguir a prestar servizo á cidadanía

VIGO (MORRAZO-tribuna) .- O asunto remata como se esperaba despois de tanto tempo de enfrontamento. O Alcalde de Vigo nega aos integrantes da FAVEC a posibilidade económica que desde hai anos o Concello otorgaba. Caballero nega nos orzamentos deste ano o convenio coa Federación Veciñal “Eduardo Chao” que tamén segue sen percibir os fondos comprometidos para 2007
A Federación Veciñal “Eduardo Chao” solicita ao Alcalde que manteña o seu compromiso coa cidadanía, que recapacite e non elimine o convenio por valor de 54.000 € que todos os anos asina con esta organización; un acordo representa a nosa columna vertebral xa que permite a esta entidade traballar pola cidade, pola mellora da calidade de vida e defensa dos dereitos da veciñanza, ser un punto de información permanente de cara á cidadanía (en urbanismo, vivenda, consumo, cursos, actividades…) asesorar ás asociacións veciñais en materia contable e de financiamento, promocionar e reforzar a rede asociativa da cidade.
Da existencia deste convenio dependen directamente os postos de traballo do persoal da Federación encargado dos labores de xestión, administración, atención ao público e comunicación, actividades de formación e dinamización que todos os anos véñense celebrando (Xornadas Veciñais, Mostra Veciñal…) ou cousas tan esenciais como poder asumir os gastos correntes de auga, luz e suministros.
Convenio consolidado
A FAVEC quere sinalar que este convenio leva asinándose co Concello desde os inicios da Federación Veciñal. Nunca ningún goberno de ningunha cor ou ideoloxía puxo impedimento ou faltou a un convenio que esta entidade xustifica ano tras ano.
Non entendemos a que responde a eliminación desta partida nin a actitude irresponsable do actual Alcalde. Debería estar orgulloso do tecido asociativo que representa o movemento veciñal, do noso labor por achegar a esta cidade a democracia participativa e apoiar o noso traballo de cara á mellora da calidade de vida cidadanía en lugar de afogarrnos negándonos un convenio xa consolidado.