COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- O grupo parlamentar do BNG, a través do seu deputado Iago Tabarés, quer saber que medidas ten previsto implementar o goberno da Xunta para que os Xulgados do Mercantil de Galiza poidan asumir o incremento que se está a producir da súa carga de traballo sen que medre a pendencia nin se ralentice o normal funcionamento destas unidades.
Iago Tabarés rexistrou unha iniciativa parlamentar na que advirte de como a ralentización da actividade económica e mercantil está a producir un medre importante na entrada de asuntos nos xulgados con competencias en materia mercantil.
“O incremento do número de concursos acredores –afirma Tabarés- xa atinxan a persoas físicas ou xurídicas, é unha realidade que afecta en maior ou menor medida a todas as unidades xudiciais de Galiza neste eido”.
Segundo os dados que manexa o deputado, mentres no primeiro semestre do ano 2007 nos xulgados mercantís de Galiza ingresaron 494 asuntos, no mesmo período do actual exercicio lévanse rexistrados 753, o que representa un medre dun 52,43 por cento, “o que xa implicou un leve incremento do número de asuntos pendentes”, asegurou.
O parlamentar engade que aínda que o medre máis relevante, en termos relativos, foi o do xulgado mercantil de Ourense –xulgado de primeira instancia número 4-, pois dos 59 asuntos rexistrados no primeiro semestre de 2006 pasou aos 132 de 2008, o máis trascendente foi o da Coruña, xa que ao incremento cuantitativo hai que engadirlle a entrada dun concurso tan complexo como o de Martinsa-Fadesa.
Sobre este asunto, Tabarés recorda que provocou a rápida intervención do goberno galego e dos órgaos do poder xudicial, na Galiza e no Estado, para dotar ao xulgado xa existente das pertinentes medidas de reforzo, así como a previsión de incrementar a planta xudicial no vindeiro exercicio cunha nova unidade do mercantil.
Para o deputado nacionalista, como xa ten reiterado en distintas ocasións, a Administración de Xustiza é un servizo público esencial e por iso, ante a situación de medre da litixiosidade que se está a producir, a Administración Autonómica, que é a que ten competencias no que atinxe aos medios materiais e aos recursos humáns, debe reaxir con axilidade e evitar que o dito incremento poida producir efectos negativos na cidadanía en xeral e, nomeadamente, naquelas empresas incursas en procesos concursais así como nos seus traballadores.
Ante o exposto, Tabarés pregunta polas medidas de reforzo que se van adoptar, se a Xunta ten previsto que o incremento da planta xudicial na Coruña leve aparellada unha modificación da demarcación xudicial que permita a creazón dun xulgado do mercantil en Santiago e tamén se se manexa dotar á área metropolitana de Vigo dunha unidade destas características.