COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, afirmou que non só é posible globalizar a economía senón que tamén se pode globalizar a solidariedade para loitar contra a violencia de xénero, un problema que afecta a mulleres de todo o mundo. Por iso, considerou que resulta ”gratificante que en Galiza haxa persoas traballando para globalizar a solidariedade”. Referíase Quintana á ONG Implicadas no Desenvolvemento, por ser “unha entidade precursora na introdución da perspectiva de xénero nos proxectos de cooperación” e loita contra a pobreza que desenvolven ao longo do mundo e facíalle entrega esta mañá do premio Eu tamén navegar.
O vicepresidente da Xunta explicou que chega a terceira edición dun premio que, ao igual que outras accións da Secretaría Xeral de Igualdade, ten a intención de facer visible un problema. “Tódolos problemas teñen mellor ou peor solución, pero os que non se van solucionar son os que non se ven. Por iso, un dos labores máis importantes que podemos facer é que o problema da violencia de xénero sexa visible para a sociedade, e a esa labor temos que contribuír todo o ano”, explicou.
Nesta edición, o premio –cunha coantía de 5.000 euros- recae na ONG Implicadas no Desenvolvemento, unha entidade que, segundo Quintana, é precursora na introdución da perspectiva de xénero nos proxectos de cooperación e, segundo Quintana, “isto ten moita importancia porque coas súas accións poñen de relevancia a realidade de que unha boa parte da humanidade sofre a dobre discriminación que supón ser pobre e ser muller”. Agradeceu o traballo da ONG e dixo que premios como este serven para distinguir a persoas e organizacións que traballan tódolos días para previr, denunciar e combater a violencia contra a muller.
A entidade Implicadas foi pioneira en introducir a estratexia baseada no principio de que investir na igualdade das mulleres é investir no benestar de toda a comunidade. Esta ONG impulsa proxectos como os grupos de aforro mutuo, para mellorar a situación económica das mulleres e a súa autoestima, e así aumentar tamén a súa participación na vida pública. Tamén desenvolven programas de formación para ir cambiando os patróns de xénero sobre os que se constrúe a violencia. Quintana salientou o proxecto específico que levan a cabo para loitar contra unha práctica de violencia extrema contra as mulleres, o feminicidio, na poboación de Salem, na India, a través do seguimento prenatal e postnatal das mulleres embarazadas e das súas familias para evitar as presións para matar á futura filla.
Quintana agradeceu no nome do Goberno galego o traballo da ONG e sinalou que “ao igual que traballamos en promover a economía con raíces hai que promover a solidariedade con raíces, algo fundamental porque un pobo como o galego quere trascender as súas fronteiras neste eido”. E rematou dándolle ás grazas “porque sodes un regalo para Galiza e un orgullo para a humanidade”, sentenciou.
A entrega do premio Eu Tamén Navegar enmárcase dentro dos actos que vén organizando a Secretaría Xeral de Igualdade con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro. A semana pasada presentouse a campaña baixo o lema E eu, que podo facer? Atrévete contra a violencia machista.