A CAÑIZA (MORRAZO-tribuna) .- A Dirección Xeral de Montes e Industrias forestais e mais a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza –dependente da Consellaría do Medio Rural– organizan o seminario “As claves da política forestal actual” que se celebrará o vindeiro venres, 7 de novembro no Centro Comarcal da Paradanta, en horario de 10:30 a 14:30 horas. A través desta iniciativa, Medio Rural pretende concienciar a sociedade galega da importancia dunha xestión integral, racional e sustentable do monte, co obxectivo de que sexa máis produtiva a súa explotación e que se reduza o número de incendios forestais.
“As claves da política forestal actual” está conformado por dous bloques temáticos. Na primeira parte explicarase a estruturación do territorio rural, no que destacan dúas ferramentas fundamentais que a Consellaría está a impulsar para frear o abandono das terras e para optimizar o seu aproveitamento, como o Banco de Terras de Galiza (Bantegal) e as Unidades de Xestión Forestal (Uxfor).
Na segunda parte, exporanse diversas actuacións para a mellora dos montes, que xirarán arredor de tres eixos: a prevención dos incendios forestais (lexislación, plans de prevención e defensa contra incendios, así como axudas para o caso dos montes veciñais en man común); a mellora dos recursos forestais (plantacións, tratamentos silvícolas, aproveitamento comercial e transformación dos produtos forestais), e mais a valorización integral e a promoción da multifuncionalidade do monte. Para desenvolver este último punto exporanse as liñas de axudas, así como exemplos de proxectos de valorización do monte, como o aumento do coñecemento e a concienciación dos propietarios e xestores, do valor económico dos bosques e da promoción da diversificación das producións, e a posta en valor dos usos públicos dos espazos forestais.