VIGO (MORRAZO-tribuna) .- A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, salientou que na programación das ludotecas para o mes de novembro, o magosto é o protagonista. Tanto a Casa da Xuventude, como as ludotecas de Coia, Lavadores e Hoy por Mañana, desenvolverán actividades estreitamente vencelladas co outono, como obradoiros de cociña, teatro ou xogos populares. “Desenvolver obradoiros nos que o magosto é o protagonista constitúe o mellor xeito de achegar aos nenos e ás nenas a nosa cultura”, destacou a edil do BNG.
Na ludoteca da Casa da Xuventude (López Mora, 31), e baixo o lema “aprendamos a comer”, os nenos e as nenas participantes levarán a cabo diversos obradoiros de cociña con receitas sas, ensinando a variedade de alimentos e os gustos diferentes de cada un deles, así coma un obradoiro do sentido do gusto para avivar o seu paladar. Tamén festexarán o magosto gozando das castañas e dos xogos populares, así como cun mercadiño no que se ofertarán os diferentes obxectos elaborados polos nenos e nenas nos obradoiros.
Pola súa banda, a ludoteca de Coia (pavillón deportivo da avenida de Castelao) vai traballar o “Mundo do Teatro” cuns obradoiros nos que os nenos e as nenas farán ensaios meténdose na pel dalgunhas personaxes para representalos nunha obra. Farán tamén un teatro de monicreques cos bonecos que crearán eles mesmos, así como máscaras de xeso, marionetas con calcetíns e con feltro. Celebrarán así mesmo o magosto e terán unha clase de break-dance impartida voluntariamente por dous rapaces.
“Debaixo dun botón” é o lema co que traballarán os nenos e as nenas que acudan á ludoteca de Lavadores, na que farán obradoiros empregando botóns para elaborar bonecos, chaveiros, e marcos de fotos, entre outros obxectos. Ademais, para celebrar o día dos dereitos dos e das menores, farán unha escultura con materiais variados como cartón, pegamento e témperas, entre outros.
Finalmente, a ludoteca de integración Hoy por Mañana (Sagunto, 86) terá un obradoiro do magosto no que nenos e nenas construirán unha cesta con cartóns de leite para recoller as castañas asadas. Confeccionarán monicreques con diferentes materiais e técnicas para despois facer teatro coas personaxes creadas e farán instrumentos musicais con materiais de refugallo e formarán unha pequena banda para probar as súas creacións.