19 noviembre 2008

Opentrad convértese no primeiro tradutor automático de inglés-galego-inglés.

COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- Falamos hoxe dun proxecto que foi desenvolvido por imaxinsoftware e financiado pola Consellería de Innovación e Industria, coa colaboración do Grupo TALG da Universidade de Vigo, liderado por Xavier Guinovart, e de Paulo Gamallo, investigador do Grupo Gramática do Español da Universidade de Santiago de Compostela
Hoxe en Compostela foi presentado o primeiro prototipo de tradutor automático de asimilación inglés-galego-inglés resultado dos últimos meses de investigación e punto de partida dos novos proxecto de I+D do consorcio Opentrad. Ao mesmo tempo anúnciase a liberación do paquete á comunidade de desenvolvedores para o seu uso e mellora.
A nova versión do sistema de tradución automática Opentrad para inglés-galego-inglés presentabase no Club Internacional de Prensa, en Santiago de Compostela, coa participación de:
· Diego Vázquez, director de marketing de imaxinsoftware
· José Ramom Pichel, director da área de tecnoloxía lingüística e responsable do proxecto.
Expertos en Tradución Automática.
Dentro da estratexia do consorcio Opentrad de aposta polo software libre e aproveitamento dos recursos xa existentes, estes pares están desenvolvidos a partir de dicionarios do grupo Transducens da Universitat d’Alacant dirixidos por Mikel Forcada. Mikel Forcada é un dos principais expertos en tradución automática de Europa, membro activo do consorcio e responsable do motor de tradución do sistema.
Pares de Idiomas. Opentrad xa conta con máis de 26 pares de idiomas (http://wiki.apertium.org/wiki/List_of_language_pairs) desenvolvidos polo propio consorcio ou por algún dos seus membros, así como pola propia comunidade.
Entre os pares desenvolvidos polos membros do consorcio están:
español-galego (único sistema que permite a tradución en ambas as direccións)
español-catalán
español-euskera (único sistema de tradución)
español-francés
español-inglés
inglés-catalán, etc.
Nas páxinas web http://opentrad.imaxin.com e www.opentrad.com pódese comprobar o seu funcionamento traducindo textos, documentos (HTML, RTF e TXT) ou páxinas web.
Proxecto multidisciplinar.
O consorcio Opentrad nace no ano 2004 e nel participan imaxinsoftware, Eleka Ingeniaritza Linguistikoa, Elhuyar Fundazioa, Prompsit, a Universidade do País Vasco, a Universitat d’Alacant e a Universitat Politécnica de Catalunya.
Liberdade de tradución, Software Libre.
Opentrad é un proxecto de tradución automática en código aberto, o que permite á comunidade utilizar e desenvolver as súas propias aplicacións. Os programas e datos distribúense a través de SourceForge.