01 noviembre 2008

Pontevedra : Lores e os veciños de Campolongo repasan as actuacións do Concello no barrio

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O asfaltado dalgunhas rúas, a mellora da accesibilidade, a mellora das zonas verdes, o levantamento do primeiro tramo do Gafos ou o arranxo integral do parque da seta foron algún dos temas tratados no cordial encontro
O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de barrios, Miguel Vázquez Plaza repasaron coa diretiva da Asociación de veciños Campolongo o estado do barrio. Asfaltados, melloras de zonas verdes, acondicionamento das beirarrúas para ser accesibles, o levantamento do Gafos no seu primeiro tramo, ou a reducción do impacto do casetón de entrada o parking da Audiencia, foron algúns dos temas tratados na reunión.
O alcalde recibiu de primeira man a felicitación dos veciños pola limpeza que a Concellería de Medio Ambiente Urbano fixo na rúa Fernández Ladreda que rematou a principios desta semana. Asemade, o rexedor explicoulles que está previsto o asfaltado de varias rúas no barrio: Alcalde Hevia, Iglesias Vilarelle ou Augusto García Sánchez. Esta actuación se complementará no tempo coa mellora dos espazos verdes de todo Iglesias Vilarelle (onde hai varios parterres nos que actuar) e do entronque de Gagos de Mendoza con General Rubín.
Os veciños aproveitaron a visita para solicitar ao alcalde melloras de accesibilidade no barrio, especialmente en rúas como Iglesias Vilarelle. Propuxeron a retirada dalgunhas losetas levantadas e de setos que interrumpen e dificultan o paso, incluso, a retirada dalgunha árbore que tamén fai difícil a accesibilidade.
Fernández Lores informoulles de que está prevista unha reforma integral do denominado “Parque da seta”, e prantaranse olivos no entorno da igresia de San Xosé como se está a facer noutros templos do municipio.
O alcalde recolleu a suxerencia dos veciños de reducir o impacto do casetón de entrada ao aparcadoiro da Audiencia (a entrada polo parque de Campolongo), así como a petición de descubrir a primeira parte de Os Gafos. O alcalde explicoulles sobre este punto que está sendo valorado polo goberno local pero como unha actuación integral e de gran calado xa que consistiría en deixala coas mesmas características da actual senda urbana do Gafos.
Outras peticións foron o acondicionamento da traseira da Residencia da Terceira Idade na que o Concello está a recabar información sobre a propiedade dos predios integrados nesta parcela; a mellora do alumeado en Alcalde Hevia ou reparar a ponte sobre a avenida de Vigo coa que xa está o Concello.