01 noviembre 2008

Pontevedra : veciños de San Roque interésanse polos proxectos de Infraestruturas no seu barrio

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O concelleiro de Infraestruturas de Pontevedra, César Mosquera informou aos veciños de San Roque os proxectos que o Concello ten para esta parte da cidade: a ponte das Correntes, o paseo marítimo cara Marín e a potenciación das Corvaceiras como estación marítima, pivotan estes proxectos
O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera acudiu esta tarde a un encontro con veciños do barrio de San Roque, a petición dos propios residentes que querían coñecer os proxectos que o Concello está estudiando para mellorar todo o barrio.
Os principais puntos tratados foron a construcción da ponte das Correntes, obras que se porán en marcha este mesmo mes de novembro, e que pretende aliviar o tráfico que na actualidade se canaliza pola Ponte da Barca. O obxectivo é poder poñer esta última ponte como entrada á cidade, e a das Correntes de saída, conectándose co nó de bombeiros e a autopista, nun futuro.Outro dos proxectos estrela para este barrio é a reordenación da PO-12, dende a ponte sobre o río Gafos ata a rotonda das antigas instalacións de Malvar. César Mosquera explicoulles que a súa concellaría está a ultimar este proxecto, que pretende crear un paseo marítimo cara Marín, cunha pasarela de madeira e miradores sobre a ría, así como un carril bici. Polo outro lado, reordenar os espazos de darlle mellor servizo á Casa do Mar.
A creación dunha estación marítima nas Corvaceiras é o outro dos grandes proxectos que o Concello estudia xunto con Portos de Galicia para esta zona da cidade, que permita conectar Pontevedra co tráfico marítimo de ría, do que agora está apartada. Unha sé para esta estación así como a posibilidade de soterrar o tráfico, son algunhas das propostas que barallan as administracións, pero ate o de agora non se concretou polo miúdo.