14 noviembre 2008

QUIN TV INCORPORA UNHA NOVA SECCIÓN PARA QUE OS/AS INTERNAUTAS POIDAN DIRIXIRSE POR VÍDEO AO PORTAVOZ NACIONAL DO BNG

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O videoblog do portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, (http://quin.tv) incorpora dende hoxe unha nova sección dende a que os/as internautas se poden dirixir por vídeo ao líder nacionalista para expoñerlle as súas preguntas, suxestións ou valoracións.
A nova sección, leva por título FÁLAME, http://quin.tv/falame, e xa conta coas primeiras aportacións.
A sección incorpora un apartado de axuda onde se explica cómo subir un vídeo http://quin.tv/axuda/como-podo-subir-un-video, así como a sección ESPALLA http://quin.tv/espalla/ onde se incorporan importantes novidades para espallar QUIN.TV polas redes sociais como o widget, unha páxina de promoción en facebook e canles en twitter e lareta para avisar de actualizacións.