14 noviembre 2008

Actividades este venres
da Semana da Ciencia

Provincia de Pontevedra

Forcarei
VII Obradoiro de Astronomía e Astrofísica
Organiza: Concello de Forcarei
Lugar: Centro Social. Rúa Regueira, 21, Forcarei (Pontevedra)
Hora: de 10:00 a 22:00
Descrición: O Concello de Forcarei presenta na oitava edición deste obradoiro unha serie de actividades gratuítas destinadas ao público en xeral, aínda que con actividades dirixidas con especial atención aos máis cativos. A divulgación da ciencia, especialmente das disciplinas da astronomía e da astrofísica, é o principal obxectivo deste obradoiro.
Máis información: 986 75 50 36 ou na web do Concello de Forcarei.

Pontevedra
Xira Cabaré Científico
Organiza: Consellería de Innovación e Industria.
Lugar: Teatro Principal. Rúa Charino, nº 6. Pontevedra
Hora: 20.30.
Descrición: Seguindo coa liña de procurar novos espazos físicos e novas formas de divulgar para a ciencia, a Consellaría de Innovación e Industria presenta un Cabaré Científico. A iniciativa ponse en marcha en colaboración coa Fundación para el Fomento en Asturias de la Investigación Científica Aplicada y la Tecnología (FICYT) de Asturias e con financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT). Este Cabaré baséase nun formato que desenvolve en Galicia desde 1992 a compañía Chévere: a Ultranoite. Trátase dun espectáculo híbrido no que participan artistas de diversas disciplinas: teatro, música, danza, maxia, malabares, vídeo... facendo todo tipo de números sobre o tema proposto, neste caso a ciencia.

Descubrindo a comunicación: da teoría á práctica
Organiza: Universidade de Vigo
Lugar: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Campus A Xunqueira s/n. Pontevedra.
Hora: de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00, até o 16 de novembro.
Descrición: Ao longo dos séculos o ser humano foi perfeccionando as súas habilidades comunicativas, desenvolvendo distintos medios para representar a realidade e o imaxinado e reflexionando cada vez con maior profundidade sobre esa capacidade e as súas repercusións no individuo e na sociedade. O coñecemento dos medios de comunicación, da súa estrutura e do seu funcionamento fainos cidadáns máis conscientes e informados, e é un dos ámbitos fundamentais de traballo das ciencias da comunicación.
Máis información: albertodafonte@uvigo.es. Teléfono 986 801 923.

Legumes: un alimento saudable.
Organiza: Delegación do CSIC en Galicia. Misión Biolóxica de Galicia.
Lugar: Museo Mariano García. Instituto Sánchez Cantón. Avenida Reina Victoria s/n, Pontevedra.
Hora: de 18:00 a 20:00, até o 14 de novembro
Descrición: Na actividade proponse estender o concepto de alimentos saudables entre sectores clave da poboación: xuventude e terceira idade. Os instrumentos serán unha exposición permanente de legumes, a edición de documentación (receitas) e unha degustación de legumes.
Máis información: amderon@mbg.cesga.es. Teléfono 986854800, extensión 275.

Xogando coa ciencia
Organiza: Universidade de Vigo. Facultade de Ciencias de Educación en colaboración co IES A Xunqueira.
Lugar: Facultade de Ciencias de Educación. Campus A Xunqueira. Pontevedra.
Horas: de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 18.00, até o 15 de novembro.
Descrición: A idea deste proxecto é a realización dunha exposición interactiva onde amosar experimentos científicos de baixo custo, actividades manipulativas de ciencia e tecnoloxía, como unha ferramenta didáctica para facer comprender que a ciencia non é tan complicada como pode parecer, e porén dá unha explicación sinxela de moitos feitos cotiáns. Estes experimentos consisten na presentación e na explicación de feitos cotiás nun contorno diferente á dun centro escolar, ás veces sorprendentes, ás veces lúdicos. Un apartado importante desta experiencia consiste na utilización dos xoguetes como unha forma de aprender ciencia.
Máis información: Teléfono 986 833 061.

O Porriño
Innoescena: Divulgación da Cultura da Innovación aos seus futuros artífices: visitas teatralizadas.
Organiza: Fundación InnovaPyme Galicia
Lugar: AIMEN. Rçua Relva , 27 A. Torneiros. O Porriño (Pontevedra).
Hora: de 9:30 a 13:30.
Descrición: Innoescena é un programa de difusión científico-tecnolóxica e innovación mediante o uso de técnicas de teatro, visitas teatralizadas,charlas e web para fortalecer os conceptos da innovación, a ciencia e a tecnoloxía, nos futuros artífices da innovación: estudantes (entre 14 e 17 anos) na Semana da Ciencia 2008. O principal carácter innovador de Innoescena é o uso de catro canles de comunicación diferentes (obra de teatro,charlas, visitas teatralizadas e entorno virtual) transmitindo unha idea común da importancia da Ciencia-Tecnoloxía e innovación. O proxecto conta coa participación dos centros tecnolóxicos Aimen, Anfaco-Cecopesca e Ctag.
Máis información: innovapyme@innovapymegalicia.es. Teléfono: 886 139749.

Viaxe ao Centro do Saber
Organiza: Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste
Lugar: Centro Tecnológico AIMEN. O Porriño.
Hora: de 9:00 a 18.00.
Descrición: Viaxe ao Centro do Saber ten como principal obxectivo dar a coñecer as actividades que se desenvolven nun Centro Tecnolóxico, e como estas inflúen no desenvolvemento da vida cotiá. A través de Visitas Guiadas polo persoal do Centro, darase a coñecer as distintas áreas e laboratorios de AIMEN onde procréase e contrasta o saber científico e tecnolóxico, para a súa posterior transferencia á industria e á sociedade en xeral. Os visitantes, poderán presenciar in situ demostracións prácticas do labor que realizan diariamente o persoal investigador de AIMEN.
Máis información: marketing@aimen.es. Teléfono 986 344 000.

Vigo
Obradoiros de Ciencia Mariña no Mercado de Bouzas
Organiza: Delegación do CSIC en Galicia. Instituto de Investigacións Mariñas.
Lugar: Mercado de Bouzas. Rúa Covadonga, 1. Vigo.
Datas: de 10:00 a 13:00.
Descrición: obradoiros con experimentos sinxelos para os usuarios da praza de abastos do barrio de Bouzas. Perséguese que participen en actividades divulgativas persoas que non forman parte do público habitual deste tipo de eventos.
Máis información: carmen@iim.csic.es. Teléfono 986 231 930.

Ciencia sen palabras
Organiza: Universidade de Vigo. ETS de Enxeñaría de Minas.
Lugar: Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Forestal. Campus Universitario. Potevedra.
Hora: 12.00.
Descrición: Trátase dunha representación teatral sen verbas que procura transmitir a tódolos públicos o espírito científico, amosando que a ciencia pode ser divertida aínda que require estudo, esforzo e coñecemento. A obra abarca unha sucesión de experimentos científicos ou demostracións dalgún concepto de ciencia que son realizados por dúas personaxes: unha profesora científica con birrete e o seu axudante, burlón, pasota e un pouco toupón. Vai dirixida a tódolos públicos.
Máis información: jserra@uvigo.es. Teléfono 986242100.

Diverpesca
Organiza: Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (ANFACO-CECOPESCA).
Lugar: Sede de ANFACO-CECOPESCA. Campus Universitario de Vigo.
Datas: do día 10 ao 21 de novembro.
Descrición: ANFACO-CECOPESCA e a Fundación Clúster de Conservación de Produtos do Mar organizan estas actividades co fin de difundir a toda a sociedade o esforzo investigador do sector mar-industria a través de visitas guiadas, obradoiros de elaboración e catas de conservación e nutrición.
Máis información: Teléfono 986 469 301

As cores do mar de Toralla.
Organiza: Universidade de Vigo. Estación de Ciencias Mariñas da Illa de Toralla (ECIMAT).
Lugar: Estación de Ciencias Mariñas da Illa de Toralla. Vigo.
Hora: de 10:00 a 14:00, até o 17 de novembro.
Descrición: Visitas didácticas ao entorno de Toralla, con percorridos polas rochas e a praia de baixamar. O vehículo principal é a cor e a luz no mar. Ademais, realízanse dúas exposicións: unha de acuarios no que a cor teña un lugar predominante (fondos de algas, animais miméticos que cambian de cor, machos e femias que poden ter diferentes cores, etc) e outra titulada “Cores do mar de Toralla”, con paneis explicativos sobre a influencia da luz no mar . A actividade complétase coa proxección do audiovisual “Baixo as ondas das Rías", producido e cedido por Caixanova, e cunha charla cos participantes na sala de actos da Ecimat.
Máis información: epoza@uvigo.es. Teléfono 986815713.

Vilanova de Arousa
Itinerarios de paisaxes culturais galegas
Organiza: Universidade de Santiago de Compostela e Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe (IEGPS - CSIC).
Lugar: CEIP Xulio Camba. Av. González Besada s/n. Vilanova de Arousa.
Hora: de 10:00 a 12:00.
Descrición: Actividades complementarias aos Itinerarios didácticos por Paisaxes Culturais Galegas, que levaron aos rapaces a coñecer dúas penínsulas destacadas dende o punto de vista da súa riqueza patrimonial e natural: Barbanza e Morrazo. Dirixidos a escolares, asociacións culturais e público xeral. As visitas contarán con monitores especializados con formación en historia e en arqueoloxía así como con material didáctico complementario adaptado ós escolares e ó público xeral.
Máis información: Teléfono 981 540 240.