VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, referiuse á posible compra das accións de Repsol YPF pola empresa rusa Lukoil como “un tema grande e importante e pídolle ao presidente Zapatero que dea un puñetazo na mesa e mande parar”. Preguntado polos xornalistas, durante o acto de entrega do premio Eu Tamén Navegar en Santiago, o vicepresidente sinalou que “estamos ante unha crise económica que todos acertamos a dicir que vén provocada polos movementos especulativos do mercado financeiro, unha crise que provoca paro e ruína para miles de persoas”. Insistiu en que “son uns poucos os que especularon no mercado financeiro, os que destruíron o mercado financeiro pero son miles os traballadores que sofren as consecuencias”.
Quintana subliñou que considera “inaudito que en plena crise esteamos ante unha nova situación na que se está a falar de movementos bursátiles a prezos desorbitados, no que participan empresas inmobiliarias, enerxéticas, bancos e, para máis inri o capital ruso, e que o goberno español estea como mero espectador nesta operación. Creo que é preciso cambiar o rumbo. Non estou disposto a que volva suceder o mesmo que nos levou a esta situación”, afirmou. E engadiu “impórtame tres pementos a situación do capital ruso, dalgunhas empresas e bancos que queiran facer negocio con isto. Preocúpame que esa operación bursátil afecta a empresas como Repsol e Unión Fenosa, e o que me preocupa neste intre son, sobre todo os postos de traballo, que en Galiza son moitos; preocúpame o subministro enerxético á poboación e como vai quedar despois disto, e preocúpanme os proxectos enerxéticos estratéxicos que hai en Galiza ao servizo da economía produtiva e que non sabemos que futuro van ter despois desta operación bursátil”.
Quintana insistiu na necesidade de “cambiar o rumbo, de que o señor Zapatero dea un puñetazo na mesa “. Recalcou que “estamos a queixarnos da situación que vivimos e ante unha nova operación especulativa a prezos desorbitados na que se implica a empresas moi importantes para todos nós e esteamos unicamente como espectadores”. “Non nos queixemos despois. Estamos a falar de que hai que cambiar o modelo. Pois fagámolo agora. Abandonemos esa economía especulativa de casino, na que xa non faltan nin os rusos e pensemos dunha vez na xente, nos postos de traballo e en que resultado vai ter isto para a xente. Dixo que “é hora de abandonar o silencio ante a economía especulativa e traballar a favor dunha economía para a xente que se preocupe dos traballadores antes que dos bancos”.
Quintana recalcou que é preciso facer política para a xente, “fagamos economía para a xente. En Galiza non imos quedar calados, non imos ser carne de canón”, insistiu. Explicou que Unión Fenosa ten activos enerxéticos moi importantes vencellados á economía produtiva do país dos que dependen centos de postos de traballo e queremos saber como vai quedar iso antes de que se venda unha soa acción e temos dereito a sabelo”, recalcou.