21 noviembre 2008

BNG dice al Gobierno que cruzados de brazos no se soluciona el grave problema del automóvil

MADRID (MORRAZO-tribuna).- O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, ven de presentar unha iniciativa na que lle demanda ao Goberno que estableza un novo Plan RENOVE para reactivar o sector automobilístico.
Pérez Bouza lembra que a modificación do Plano VIVE (Vehículo Innovador- Vehículo Ecolóxico) 2008-2010, aprobado polo Consello de Ministros o pasado 14 de novembro, “volveu nacer morto, tal e como advirten distintas asociacións de concesionarios de venda de automóbiles, xa que, ano non axudar no prezo de adquisición do vehículo, non se fomentan as vendas de automóbiles, máxime nun período de crise para as economías familiares como o actual”.
“En definitiva –subliña o senador do BNG- o sector do automóbil demanda que se restablezan as axudas directas á compra de vehículos, descartando as liñas de financiamento que establece o novo Plano VIVE, e unha maior participación das financeiras de marca na xestión dos empréstitos”.
A Consellaría de Innovación e Industria disposta a “cofinanciar” un Plan RENOVE
Neste sentido, Xosé Manuel Pérez Bouza lembra que “o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, demandou tamén a substitución do actual Plano VIVE por un novo Plano RENOVE como incentivo para frear a caída do consumo e paliar a crise que vive a automoción, un sector fundamental para Galiza e que concentra o 40% das exportacións galegas, e mesmo ofreceu a posibilidade de que a Xunta de Galiza o cofinancie, na medida das súas posibilidades”.
Nesta liña, o senador do BNG pregúntalle ao Goberno se non cre que “nun momento de crise económica e de sobreendebedamento das economías familiares, a aposta do novo Plano VIVE, polas lías de financiamento non é unha medida eficaz para estimular a compra de vehículos” e se, pola contra, non sería moito máis eficaz estimular a adquisición de vehículos menos contaminantes mediante axudas directas.
Por último, e entre outras cuestións, Xosé Manuel Pérez Bouza demándalle ao Goberno que inicie un diálogo coas Comunidades Autónomas para establecer un novo Plan RENOVE.