MOS (MORRAZO-tribuna).- O Partido Popular de Mos anuncia que non asistirá ó pleno extraordinario convocado pola alcaldesa, María Jesús Escudero, para mañán venres 5 de Decembro, xa que consideran unha provocación o seguir a convocar actos municipais dada a situación actual no Concello.
O Partido Popular de Mos anuncia que non asistirá ó pleno extraordinario convocado pola alcaldesa, María Jesús Escudero, para mañán venres 5 de Decembro, xa que consideran unha provocación o seguir a convocar actos municipais dada a situación actual no Concello. Os edís do PP mosense lle presentaron o pasado luns á rexedora local unha petición por escrito de que non se convocasen máis reunións oficiais ata que se aclarase a situación do municipio no pleno de votación da moción de censura que terá lugar o vindeiro 12 de Decembro; sen embargo obtiveron como resposta de María Jesús Escudero "que se rise de nós e nos chamara ignorantes e atrevidos", aseguran. Os populares consideran que calquera acto público que se celebre nestes momentos non fará máis que aumentar a crispación e a tensión entre os veciños e recórdanlle a Escudero que a solicitude de non convocar máis actos foi efectuada pola maioría da Corporación Municipal, os 8 concelleiros do PP, e que polo tanto debería de ter sido respectada. Ademais a voceira e presidenta do PP mosense, Nidia Arévalo, declarou hoxe que “non hai ningún asunto que tratar tan extremadamente urxente que esixa a convocatoria dun pleno extraordinario xa que os temas que se ían abordar mañán eran os das alegacións ó Plan Sectorial de Vivenda e o da Galescola, que teñen importancia pero porque esperen unha semana máis non vai pasar nada, xa que de mañán a dentro de sete días non variará ningún aspecto que faga cambiar a situación destes proxectos, -non vai rematar ningún prazo nin nada semellente- ; hai que ter en conta ademais que cada reunión plenaria lle supón ó Concello un gasto de 2.000 euros, cantidade que podería aforrarse perfectamente omitindo o pleno de mañán”.
Arévalo lembrou ademais que “o último pleno da Corporación Municipal celebrouse aínda o pasado xoves, e se a alcaldesa tiña tanta presa por tratar estes asuntos que presentará mañán, que o fixera a semana pasada durante a convocatoria ordinaria”. Unha realidade que, a ollos dos membros do PP, “demostra unha vez máis a desorganización e a pésima xestión desenrolada pola actual alcaldesa, María Jesús Escudero, e a política de despilfarro que o seu equipo de goberno ven realizando dende fai anos”. "Se fose unha rexedora organizada tería levado estes temas a pleno o xoves 27 de Novembro, xa que dende aquela data ata hoxe non houbo ningún cambio que motivase a convocatoria dun pleno extraordinario", insistiu Arévalo. Os populares mosenses quixeron informar tamén de que tampouco acudiron á comisión urxente celebrada hoxe pola mañán no Concello “porque foi convocada sen cumprir o protocolo de avisar ós voceiros dos grupos integrantes da corporación e sen consensuar con eles a data e a hora de celebración, o que constitúe unha falla de respecto”. Ademais, dende o PP de Mos consideran tamén que esta comisión representa, unha vez máis, unha provocación ós veciños tendo en conta a situación actual do municipio.