04 diciembre 2008

Duras acusaciones de la FAVEC al Concello de Vigo tras el desplome de un balcón y los graves incidentes originados

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- "Tanto o desplome do balcón como os graves incidentes orixinados, son resultado dun conxunto de neglixencias que poderían terse evitado de existir un mínimo de supervisión e control das obras por parte do Concello", acusa a Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao.
A Federación Veciñal insta ao Concello a que controle as actividades das empresas, sexan contratas ou concesionarias, para evitar incidentes como os de onte co desprendemento dun balcón na rúa Príncipe ou abusos á cidadanía como os recentemente denunciados da X.E.R. ou os cobros de Aqualia.

Logo destes graves incidentes, preguntámonos -dí a FAVEC nun duro comunicado- quen supervisaba naquel momento a instalación dos tensores que soportan o alumeado navideño e como non existiu ningún control por parte dos coordinadores de seguridade municipais que impedira que os soportes do alumeado de nadal se fixen e tensen nunha balaustrada en lugar de facelo nunha parte da fachada con capacidade suficiente para soportar dita tensión. Tamén lamentamos os resultados do incidente que pudo ter sido incluso máis grave; resulta indignante que ninguén se preocupase de que se tomen as medidas de seguridade mínimas como valar a zona onde se traballa, máis cando se trata dunha vía pública e transitada. Do mesmo xeito é común nestes días ver como se coloca o alumeado cortando o tráfico, sen avisar, como as máquinas traballan entre os peóns causando numerosas molestias á cidadanía e sen sinalización nin supervisión algunha.
A Favec lembra que "Levamos moitos anos pedindo públicamente e por escrito ao Concello que supervise as obras e as actividades de contratas e concesionarias, non obstante, a pasividade municipal está a provocar que ter a concesión dun servizo signifique ter carta branca para traballar sen ter en conta a seguridade e os prexuízos que se poden causar á cidadanía. Esta mesma Federación vén de denunciar recentemente os abusos doutros moitos servizos e concesionarias como a X.E.R., Aqualia que cobrou de máis e agora ten que devolver os cartos aos consumidores, Fenosa que segue sen retranquear os postes da luz que supoñen un perigo para a seguridade, ou os escandalosos prezos pactados polas prazas dos aparcadoiros para residentes…Onde está o control municipal? Cando van empezar a controlarse os servizos que se nos presta aos cidadáns?"