VIGO (MORRAZO-tribuna).- “Trátase dunha decisión xusta, necesaria e oportuna”. Así definiu o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a elección de Galicia como base do novo buque polivalente anticontaminación da Axencia Europea de Seguridade Marítima. O titular do Goberno Galego e a conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego, acompañaron esta tarde en Vigo ao director da Axencia Europea de Seguridade Marítima, Willen de Ruiter, na presentación deste novo barco que, segundo explicou Pérez Touriño, estará operativo no primeiro trimestre de 2009, terá a súa base en Vigo e suporá un aumento do 30 por cento na capacidade de recollida de hidrocarburos na comunidade.
O buque presentado hoxe en Vigo é un barco polivalente de salvamento, inspección, loita contra a contaminación e recuperación de vertidos, de 68 metros de eslora e 13,5 de manga, con 10.000 millas de autonomía e que vai mobilizar un investimento de 3,5 millóns de euros, unha dotación económica achegada pola Axencia Europea de Seguridade Marítima. “O prazo máximo para que estea operativo é o 31 de marzo, aínda que os directivos da empresa responsable, Remolcanosa, van intentar acurtar os prazos o máximo posible”, avanzou o titular da Xunta. Pérez Touriño explicou ademais que, en caso de accidente, o tempo máximo para que o barco saia do porto é de dúas horas, o prazo máis curto de todos os barcos da Unión Europea.
80 veces máis capacidade de recollida que no ano 2002
No transcurso da súa intervención, Touriño destacou que, con esta embarcación, Galicia aumentará a capacidade de recollida de hidrocarburos noutros 1.500 metros cúbicos –concretamente en 1.522–, cos que a capacidade total dispoñible na comunidade pasará a situarse por enriba dos 6.500 metros cúbicos. “Esta embarcación dará servizo a todo o arco Atlántico, unha zona de alto risco pola súa situación xeográfica e polo importante transporte de hidrocarburos que rexistra”, continuou o presidente galego, quen lembrou que este buque polivalente se suma a outros fitos logrados nesta mesma lexislatura como a ubicación do buque Urania Mella en Vigo -cunha capacidade de máis de 3.100 metros cúbicos– e do Don Inda –con base en Cee e 1.750 metros cúbicos de capacidade–.
Pérez Touriño asegurou que Galicia rexistrou en pouco tempo un salto “sen precedentes” na dotación de recursos contra a contaminación mariña. Nesta liña, o máximo mandatario galego lembrou que, no ano 2002, cando se afundiu o Prestige, a capacidade de recollida en toda España limitábase a 80 metros cúbicos. “Lémbrolles que agora estamos por enriba dos 6.500 metros cúbicos, oitenta veces máis que as dotacións existentes nese ano 2002”, remarcou.
Un barco adaptado por unha empresa de Vigo
O presidente da Xunta salientou que o buque polivalente ten un dobre significado para Galicia xa que, por un lado, reforza os medios materiais para dar resposta a calquera emerxencia marítima, e por outro, reafirma o grado de especialización logrado polas empresas galegas, xa que a adaptación da embarcación vai ser asumida polo grupo vigués Nosa Terra 21, do que forma parte Remolcanosa.
“En definitiva, o capital humano galego e o I+D desenvolvido na nosa comunidade vai propiciar a adaptación desa embarcación”, engadiu o presidente quen destacou o feito de que o novo buque foi fretado por unha empresa galega e será adaptado na comunidade, “con I+D desenvolvido ao pé da ría de Vigo”.
O presidente galego salientou, tamén, que o buque polivalente reforza a coordinación entre o Goberno da Xunta e a Unión Europea á hora de deseñar accións ligadas á protección do medio mariño.
Mellora substancial nos recursos contra a contaminación
No transcurso da súa intervención, o presidente galego fixo un repaso dos medios de protección do litoral cos que conta Galicia na actualidade. Así, ademais de destacar os barcos Urania Mella e Don Inda, citou outros buques tamén en activo, como o María Pita, o Irmáns García Nodal e o Sebastián Docampo. O mandatario galego salientou tamén a posta en servizo do avión Rosalía de Castro e de 3 helicópteros d e Salvamento con base en Celeiro (Lugo), A Coruña e Vigo que están operativos as 24 horas do día e que teñen un tempo de resposta máximo de dez minutos. “Temos decidido ademais dotar dun novo helicóptero ao porto de Cee”, engadiu.
Pérez Touriño destacou tamén, que Galicia conta por primeira vez cunha nave subacuática con mergulladores e que todos os peiraos galegos contan con barreiras anticontaminación, materiais absorbentes e skimmers.
“Quen contamina, paga”
No transcurso da súa intervención, Pérez Touriño subliñou, ademais, a necesidade de que Europa tome a iniciativa para lexislar sobre a responsabilidade ilimitada e reiterou a solicitude de que se cumpra o principio de “quen contamina, paga, é dicir, que todo aquel que dane o medio ambiente que non quede impune”. O presidente galego asegurou que estes cambios lexislativos serán o mellor xeito de protexer os nosos mares e de fortalecer o rol de Europa na Organización Marítima Internacional.
“Pero mentres non se impulsan novos pasos no ámbito lexislativo, en Galicia seguiremos a ampliar os recursos e as dotacións para que a nosa crónica de actualidade non leve impregnado ningún axente contaminante nin ningún vertido petrolífero”, destacou Touriño quen remarcou que hoxe temos unha Galicia “mellor preparada” para reaccionar contra a contaminación mariña. “Contamos cun protocolo de actuación claro, responsable e dotado cos máis sofisticados medios materiais e cos máis especializados medios humanos”, concluíu.