04 diciembre 2008

A organización xuvenil do BNG reclama a autoderminación para Galicia na véspera do Día da Constitución Española

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).-Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, realizará este venres, unha rolda de prensa na Praza da Quintana de Santiago de Compostela para reivindicar o dereito á autodeterminación para a nación galega.
Na véspera do aniversario do día da Constitución Española, Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, comezará unha serie de actividades por todo o país que inaugurará a través dun acto simbólico que consistirá no despregue dunha bandeira da patria galega de 80 m2 e un mosaico coa palabra autodeterminación "para así reivindicar o dereito de autodeterminación para a nación galega".