MOS/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Bloque Nacionalista Galego, a través do seu Secretario de Acción Municipal, Roberto Mera, lamenta que Núñez Feijoo pretenda “lavarse as mans na moción de censura de Mos para eludir a súa responsabilidade directa, por acción ou por omisión, nunha actuación do PP que significa o desprezo absoluto á vontade democrática dos mosenses”.
Mera salienta que Feijoo “desautoriza a moción de censura pero di que é incapaz de parala”, o que en opinión do nacionalista pon en evidencia que “Feijoo é un lider feble e sen autoridade dentro do PP, incapaz de gobernar e presidir o seu propio partido e de impedir un acto de desprezo a vontade democrática dos cidadáns. Quen non é capaz de gobernar o seu partido dificilmente pode aspirar a gobernar o País”, engade o Secretario de Acción Municipal do BNG.