16 diciembre 2008

El PP se escandaliza porque no le aceptan los bipartitos ni una de sus 500 enmiendas presentadas a los presupuestos gallegos

COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- Os socios do bipartito autonómico non aceptaron, durante os arredor de 2 meses de trámite parlamentario dos Presupostos da Xunta de 2009, nin unha soa das máis de 500 emendas formuladas polo PPdeG, mentres que os populares apoiaron o 70% das presentadas por socialistas e nacionalistas.
Alberto Sueiro, portavoz de economía do Grupo Popular, enmarca o sucedido no feito de que os orzamentos a debate “para nada responden ás necesidades da actual situación económica; son exclusivamente o resultado dunha loita partidista pensando unicamente nas Eleccións”. Esas liortas partidistas foron, ao seu xuízo, "as que impediron que PSOE e BNG aceptasen calquera alteración que puidese afectar ao reparto do botín presupostario".

"De feito, a intolerancia amosada por PSOE e BNG carece de antecedentes semellantes na Cámara autonómica", o que levou a Sueiro Pastoriza a interpretar que se trata dunha “anomalía democrática”, que garda relación directa co “muro de intransixencia” que PSOE e BNG construíron na Cámara galega durante a lexislatura que agora remata. Chegados a este punto, “xa non é un muro, o que están a facer é un monumento á intolerancia, á arrogancia e á presunción”.
O voceiro de economía do Grupo Popular cuestionou que a intransixencia dos socios do bipartito rexeitase tamén as emendas que chegaron vivas ao debate celebrado hoxe no Pleno do Parlamento e comparou esa negativa coa intención do PPdeG de asegurar o equilibrio presupostario, garantir a transparencia das contas públicas e buscar a identificación plena das fontes de financiamento que non sempre aparecen suficientemente clarificadas.

ENDEBEDAMENTO EXCESIVO

Outras emendas, tamén rexeitadas, buscan garantías de rigor para as transferencias de crédito e superar a opacidade que, no texto actual, rodea as operacións de débeda. Así, mentres que lexislación actual limita a un máximo do 1% do PIB as posibilidades de endebedamento, a Xunta achegarase en 2009 ao 2% do PIB, con 1.070 millóns de euros, en lugar dos 598 permitidos.

“O Goberno quere asegurarse un cheque en branco a conta do endebedamento da Xunta cun orzamento técnicamente incorrecto e cuantitativamente inexacto”, afirmou o deputado popular.

VERDADEIRA POLÍTICA FISCAL AO SERVIZO DAS FAMILIAS

Sueiro Pastoriza insistíu tamén na necesidade de superar a “reformiña” do imposto de doazóns e sucesións para equiparar a Galicia coas Comunidades que, na práctica teñen suprimido ese tributo e fixo un chamamento ao bipartito para que poña en marcha medidas fiscais que axuden ás economías das familias dado que, a día de hoxe, só ten utilizado esa facultade para mellorar as taxas por sacrificio de animais vivos.

O voceiro de Economía dos populares tamén chamou a atención sobre a necesidade de dotar de contido presupostario ao Plan de Reequilibrio Territorial, xa que o texto elaborado pola Xunta non identifica os créditos vinculados a estas actuacións.

En opinión do deputado popular, o trámite parlamentario dos presupostos da Xunta de 2009 permitiu poñer de manifesto a “verdadeira faciana desde Goberno, que reduce a política aos titulares de prensa e conseguiu facer deste debate un deserto de ideas; un gobenro trilero que se faRta de pedir cooperación, diálogo e pactos, pero non foi quen de aprobar nin unha soa proposta da oposición”.