16 diciembre 2008

Mujer atropellada en calle de Vigo

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de nove accidentes de tráfico e outras 189 urxencias entre as 00:00 horas e as 14,00 horas de hoxe. Os máis salientables foron:

-Ás 13:06, a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente de tráfico por atropelo no concello de VIGO (PONTEVEDRA), na Rúa Treixugueiras. Para atender á vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial. Alí atenderon a unha muller de 65 anos, A.L.H., cunha posible fractura na perna. Logo dunha primeira valoración e asistencia foi trasladada a un centro privado de Vigo.

Ademais das actuacións de accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 189 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 370 consultas telefónicas.