VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, mantivo este mediodía un encontro co director general de Política da DG Mare da Unión Europea, César Debén, quen lle presentou polo miúdo a proposta do Regulamento de Control da Política Pesqueira Común elaborada pola Comisión Europea. Actualmente este documento está a ser debatido por todos os estados membros da UE. No transcurso da xuntanza, que tivo lugar na delegación territorial de Pesca en Vigo, a Conselleira transmitiulle a César Debén algunhas das suxerencias de Galicia sobre este texto, que xa ela plantexara nas últimas reunións do Consello Consultivo para Asuntos Comunitarios nas que se tratou o Regulamento
Así mesmo, Carmen Gallego recordoulle que no encontro que mantivo co Comisario de Pesca, Joe Borg, o pasado mes de maio, previo á súa visita oficial a Galicia, fíxolle chegar algunhas das reflexións da Consellería de Pesca para a súa inclusión na proposta final do Regulamento. Entre algunha das cuestións plantexadas e que xa foron aceptadas pola Comisión Europea, atópase a necesidade de que o texto contemple un réxime de sancións e infraccións ponderadas, en función do tipo de frota da que se trate. A titular de Pesca considerou moi positivo que exista unha normativa a nivel comunitario que harmonice a política de control, aínda que sen menoscabar as competencias das distintas rexións e estados membros. Ademais deste asunto, a Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos e o director general da DG Mare da Unión Europea falaron tamén sobre a normativa comunitaria publicada este verán e pola que se establece unha acción específica temporal para promover a reestruturación das frotas pesqueiras afectadas pola crise económica.

Na foto : a Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, na xuntanza que mantivo este mediodía co director general de Política da DG Mare da Unión Europea, César Debén, en Vigo.