VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, subliñou hoxe que o Goberno galego prevé destinar un total de 33 millóns de euros a plans sectoriais orientados a combater o desemprego que teñen uns beneficiarios potenciais de 12.000 traballadores. Así o asegurou hoxe o titular do Executivo autonómico na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta que esta mañá avaliou a estrutura do programa de medidas de fomento do emprego postas en marcha polo Goberno galego.
Trátase, explicou Pérez Touriño, de “programas específicos orientados a sectores que entran en crise ou nos que temos previsión de impacto, de especial incidencia da crise económica”. Así, avanzou que existe o plan de apoio ao sector téxtil, o programa Laxa, dirixido ao sector da lousa, as medidas destinadas ao sector da automoción, o programa Reorienta para o sector da construción, e un último programa de fomento do autoemprego.
O máximo mandatario resaltou que se trata en todos os casos de “sectores punteiros e cun peso importante no tecido produtivo” e polo tanto cun gran impacto de emprego, e indicou que todos os programas son “globais”, é dicir que prevén medidas “transversais”.
Programa de emprego no sector téxtil
En relación co plan do sector téxtil, o máximo mandatario autonómico detallou que está destinado aos traballadores “afectados por un ERE de tipo suspensivo”, que se poderán recibir formación durante os períodos de suspensión do contrato, ao tempo que se garantirá que neste tempo “non verán mermados en absoluto os seus dereitos como traballadores”. Isto quere dicir, abondou, que “terán formación durante ese período, que ese período debe computar como tempo de traballo a efectos de prestacións cara ao futuro da vida dos traballadores”, mentres que se crea un complemento “para igualar os salarios netos percibidos polos traballadores nos seus postos de traballo durante o tempo da suspensión de contrato”.
Pérez Touriño informou de que a previsión económica do custo deste programa, ampliable para o próximo ano, “no entorno de un millón de euros”.
Programa Laxa para o sector da lousa
Na súa comparecencia ante os medios, o presidente da Xunta resaltou que os beneficiarios do programa Laxa son os traballadores do sector de extracción de minerais non metálicos nin enerxéticos e de fabricación de produtos derivados, “basicamente lousa”, que poidan entrar en crise. Explicou que este programa ten dúas liñas de actuación: unha de axuda dirixida aos concellos galegos onde residan traballadores do sector da lousa que perdan o emprego como consecuencia da crise (basicamente o Barco de Valdeorras e Monforte de Lemos), que recibirán axudas para “a contratación con caracter temporal para a realización de obras de interese social ou interese xeral”.
Por outra parte, resaltou a creación dun programa de préstamos persoais destinados aos traballadores que “levan un tempo amplo sen percibir os atrasos salariais ou teñen pendentes de cobro o seu salario”. Isto será posible cun convenio coas entidades financeiras. Ademais, indicou que este programa ten unha dotación prevista de 6 millóns de euros para as axudas á contratación e de 100.000 euros para a liña de créditos.
Programa Reorienta para os desempregados da construción
Respecto do programa Reorienta, Touriño explicou que “vai destinado aos traballadores da construción que perderon o seu emprego nos últimos dous anos”, e se apoia en tres piares: “procesos de reorientación e itinerario personalizado de reorientación”; “apoio á mobilidade xeográfica dentro da nosa comunidade” e de apoio ao emprendemento.
Segundo explicou, o obxectivo último deste programa e buscar a recolocación dos empregados da construción noutros sectores de produción, basicamente ao das enerxías alternativas, agricultura ecolóxica, rehabilitación e restauración, manexo de maquinaria pesada, etc. Este plan conta cun orzamento previsto para o ano que vén de 6,3 millóns de euros.
Programa de apoio á automoción e de apoio ao emprego autónomo
O presidente da Xunta referiuse tamén ao programa de medidas de apoio ao sector da automoción, polo que se investirán 10 millóns de euros en programas de formación aos traballadores cuxas empresas retiren os ERE previstos. A este respecto informou de que este plan xa está en funcionamento e se están a asinar “os convenios correspondentes coas empresas do Clúster do automóbil”.
Pérez Touriño destacou ademais as medidas de apoio ao emprego autónomo activadas polo Goberno galego e que prevén o investimento de 10,4 millóns de euros na promoción do “autoemprego como alternativa” en tempos de crise.
Apoio específico ao sector gandeiro-lácteo
Á marxe deste programa de medidas, o titular da Xunta puxo en valor as medidas activadas pola Xunta para aliviar a situación do sector gandeiro-lácteo, que tamén está a padecer con intensidade os efectos da crise. En primeiro lugar, Touriño destacou que se ampliou ás explotacións gandeiras o acordo do Igape para establecer avais, apoio de capital circulante, refinanciamento de débeda, ampliación de capital, etc. Consonte indicou, trátase dunha medida moi beneficiosa para moitos gandeiros que mercaran cota láctea e que precisan agora refinanciar a súa débeda.
Por outra banda, o presidente galego informou de que “están en marcha xa os contratos de explotación sustentable” que beneficiarán a preto de 1.300 explotacións, que teñen a obriga de incrementar a base territorial da súa explotación e incrementar a dependencia dos insumos externos, para o que recibirán “unha importante axuda autonómica ao longo do ano”.
Ademais, destacou Touriño que se están a asinar os primeiros contratos homologados, “moi importantes e defendidos pola Xunta e o Goberno de España”, porque permiten “estabilizar prezos e estabilizar a relación entre os produtores e as industrias”.
Comisionada para a Seguridade Viaria, Natividad González Laso
Na súa comparecencia ante os medios, Pérez Touriño deu conta do nomeamento de Natividad González Laso como Comisionada para a Seguridade Viaria, unha nova figura creada por un anterior Consello da Xunta con rango de secretaría xeral. Este é dixo, “o órgano superior da Xunta de Galicia para a coordinación, seguimento e asesoramento sobre as directrices e as estratexias vinculadas á seguridade viaria”.
O titular do Goberno galego informou de que as funcións deste organismo son as de “promover e impulsar a coordinación de todas as estratexias en materia de seguridade viaria por parte das distintas administracións públicas implicadas nesta materia na Comunidade autónoma”, así como facer “avaliación, seguimento e medición do grao de cumprimento dos obxectivos plantexados”, “planificar e desenvolver campañas en materia de seguridade viaria”, e “elaborar estudos, proxectar e fomentar a formación” neste tema.
Explicou que se trata dunha secretaría xeral adscrita á Consellería de Política Territorial, pero que debe actuar con “transversalidade”, xa que no Plan de Seguridade Viaria están implicadas moitas consellerías do Goberno galego. Trátase, manifestou, “dun instrumento organizativo potente” que vai permitir coordinar un asunto “de máxima prioridade para a acción do Goberno”.
“Creo que desta maneira temos un instrumento máis para fortalecer, dirixir, coordinar de maneira cotiá, ese esforzo conxunto de todo o Goberno galego e das Adminsitracións Públicas no ámbito da Comunidade autónoma” na dirección de reducir a sinistralidade e a mortaldade das estradas galegas.
Aposta pola investigación
O titular do Executivo autonómico resaltou a aprobación hoxe polo Consello da Xunta da creación do Instituto de Investigación Sanitaria de Vigo, que se une aos xa creados este ano na Coruña e Vigo, e que ao igual que neses casos, nace vinculado á Universidade. Este é, sinalou, “un instrumento de cooperación científica” que completa o mapa dos Institutos de Investigación Sanitaria de Galicia e reforza os eidos de investigación no Sistema Universitario Galego.
Na mesma liña, Touriño referiuse ao acordo que asinará a Consellería de Educación coas tres universidades galegas para “colaborar na incorporación de novo persoal docente investigador e na estabilización de persoal posdoutoral”. En definitiva, engadiu, “trátase dunha incorporación de recursos, 1,4 millóns de euros, para incentivar a dedicación intensiva á actividade investigadora e aproveitar ao máximo a capacidade dos investigadores”.
Conclúe o proceso de licitación das depuradoras
O xefe do Goberno autonómico destacou que o Consello da Xunta aprobou hoxe licitar por 2,5 millóns de euros a depuradora de Malpica, o que supón “concluír o compromiso de licitar antes de rematar o ano todas as depuradoras de concellos de máis de 2.000 habitantes”, chegando ás 21. Só quedan fóra do cumprimento, engadiu, as de Sanxenxo e Ribeira, ante a imposibilidade do acordo para a cesión dos terreos.
Explicou que entre o Goberno galego e o Goberno de España están a mobilizar un total de 800 millóns de euros na “construción, mellora e ampliación” de 76 depuradoras galegas.