14 diciembre 2008

Vigo, la FAVEC -como el Bautista- : soy la voz que clama en el desierto, allanad el camino del Señor... pero Caballero está sordo

VIGO (MORRAZO-tribuna).-Esta entidade, a FAVEC, considera a Gota de Leite como a infraestrutura ideal mentres que o vello edificio da escola de hostelería siguiría sendo un simple remendo á situación das persoas sen teito. A FAVEC pide ao goberno municipal de Vigo que canto antes colabore para que a Gota de Leite acolla o albergue e servizos que con urxencia precisan as persoas sen teito e máis empobrecidas.

Para a FAVEC, "A proposta de rehabilitar e reformar a vella escola de hostelería non soluciona as necesidades das persoas sen teito. A vella construción do Berbés non está preparada para acoller os servizos que precisan as persoas máis empobrecidas como un comedor social e un servizo de emerxencias sociais que funcione as 24 horas, servizos que si poderían existir no edificio da Gota de Leite que xa dispón da infraestruturas para poñelas en marcha ao ser xa empregado para cometidos similares.
Fronte ás instalacións xa acondicionadas da Gota de Leite, a ninguén se lle pode escapar o deplorable estado en que se atopa o edificio da escola de hostelería. Precisaría dunha profunda reforma e rehabilitación para poder acoller calquer servizo, algo que podería levar moitos meses; un tempo do que non dispoñen moitas persoas sen teito que malviven na cidade. Urxencia social : A situación das persoas sen teito é alarmante xa que nestes días non teñen máis remedio que buscar acubillo en calquer burato, portal ou caixeiro; tamén a chegada das chuvias e do frío está a empeorar as condicións das persoas enfermas que malviven nas rúas. Lembramos que o ano pasado por estas datas varias persoas sen teito faleceron nunha situación agravada pola intemperie.
Convidamos ao señor Alcalde a dar un paseo durante estas frías noites pola zona centro (Porta do Sol, Príncipe, Paseo de Alfonso, Carral…) para comprobar cantas persoas malviven en calquer ínfimo espazo para defenderse do frío e as condicións infrahumanas que teñen que soportar as persoas máis empobrecidas… será quen de seguir negándolles a axuda que con tanta urxencia precisan?