03 diciembre 2008

Pista deportiva para Tomiño gracias al plan de parques infantiles de la Deputación

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación, dentro do seu plan de renovación dos parques infantís do concellos da provincia, concede á asociación de Carregal, no Concello de Tomiño, unha pista deportiva.
O concello deberá aportar 2.830 euros, o que equivale ó 10% do custo total do parque. Ase mesmo terá que poñer a disposición da Deputación o terreo necesario, debidamente preparado e acondicionado, onde a empresa adxudicataria instalará a pista deportiva e obter a correspondente licenza municipal, se fora precisa, e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes.

A Deputación concedeu os seguintes parques infantís: ata nenos de 5 anos, 93; áreas infantís tipo grande, 89 e áreas deportivas 53, dos cales, a día de hoxe, ten instaladas arredor de 220 parques infantís e áreas deportivas e proxecta instalar 25 dotacións máis. 
A entidade provincial destinou seis millóns de euros a este plan de renovación de instalacións de parques infantís nos concellos da provincia entre 2006 e 2008.