PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Fundación Comarcal do Salnés en colaboración cos Concellos e a Mancomunidade do Salnés puxo en marcha un novo proxecto para potenciar o aproveitamento turístico dos recursos vinculados á cultura marítima e ao seu patrimonio.
A Comarca do Salnés conta con excelentes condicións naturais os cales propiciaron que ao longo dos séculos se desenvolvera unha importante actividade económica como consecuencia do aproveitamento dos recursos marítimos e pesqueiros. Co tempo, esta actividade foi xerando un salientable patrimonio vinculado á cultura marítima pero que na actualidade está infrautilizado tanto cultural como turisticamente.
Sen embargo, o turismo mariñeiro e pesqueiro constitúe un novidoso produto turístico que está a desenvolverse de xeito exitoso no litoral galego. Consiste fundamentalmente no aproveitamento das labores típicas dos mariñeiros de baixura e mariscadores como recurso turístico, de maneira que os visitantes poidan participar nas faenas propias do mar, coñecer as antigas embarcacións, as artes de pesca, os modos de vida que constituían o mundo tradicional do mar, etc.
Neste proxecto participan os concellos de Cambados, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Sanxenxo, O Grove, Meis, Meaño e Ribadumia e está coordinado e impulsado póla Fundación Comarcal do Salnés que aporta os 66.000,00 € de financiamento a través do programa europeo Proder II O Salnés. É importante mencionar a colaboración da Mancomunidade do Salnés que se encarga da promoción turística do Salnés e que en adiante integrará este novo producto xunto co resto da oferta turística da Comarca.
ACCIÓNS A DESENVOLTAS
O traballo realizouse en tres fases diferenciadas e complementarias como son:
Deseño da Ruta da Cultura Marítima do Salnés.
Nesta primeira etapa fíxose unha selección dos recursos patrimoniais e das empresas máis interesantes para configurar a futura Ruta da Cultura Marítima do Salnés tales como lonxas, cetáreas, empresas conserveiras, faros, asteleiros, etc. Todo elo seguindo as directrices dun plan de calidade turística deseñado previamente. Ademais desenvolveuse un amplo traballo de asesoramento e formación para que as empresas integradas no proxecto poidan recibir visitas dos turistas, facer demostracións dos seus traballos, etc.
Sinalización
Cada un dos recursos que forman o itinerario da Ruta da Cultura Marítima do Salnés está sinalizado de forma axeitada e conta con un panel explicativo no que se informa da súa historia, características, horarios de visita, etc.
Promoción
Neste traballo inclúese o desenvolvemento de accións de promoción e a elaboración de material promocional como son un catálogo do producto que se repartirá por tódalas oficinas de turismo e unha páxina web coa dirección www.culturamaritimasalnes.info.
Así mesmo, estará incluído no programa de paquetes a medida, nas pantallas táctiles e nos puntos de información vía bluetooth que está a poñer en marcha a Mancomunidade do Salnés.