02 diciembre 2008

O Banco do Tempo organiza un
obradoiro de protocolo de Nadal

VIGO (MORRAZO-tribuna) .- O Banco do Tempo de Vigo organiza un obradoiro sobre protocolo e decoración en torno ás datas navideñas, o mércores 3 de decembro de 18.30 a 20.00 horas no salón de actos da Federación Veciñal “Eduardo Chao” (Praza da Princesa, nº7, 2ºandar). Será unha das socias do Banco do Tempo quen poñerá a disposición dos presentes os seus coñecementos sobre como decorar o noso fogar, cursar invitacións ou decorar unha mesa con distinción e orixinalidade, empregando accesorios comúns e sinxelos que temos ao alcance da nosas mans. Deste xeito, Ángeles propoñerá dous estilos diferentes de presentacións que coas súas recomendacións todos poderemos facer nas nosas casas, escapando do consumismo e pensando no aforro.
O obradoiro é gratuíto; está aberto á participación de todas as persoas interesadas sexan socias ou non do Banco do Tempo.
Monedas complementarias
Anteonte, luns 1 de decembro o especialista japonés
Yasuyuki Hirota visitaba o Banco do Tempo de Vigo e impartia unha conferencia sobre iniciativas de intercambios alternativas que están xurdindo no mundo: “Monedas complementarias como unha ferramenta para promover desenvolvementos sostibles”.