VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, presentou hoxe o libro Documentos para a reforma da Función Pública elaborado pola comisión de expertos convocados para o estudo e a preparación da Lei de Función Pública de Galicia. Sinalou que o texto vai ser sometido á consideración de todos os colectivos vencellados ao emprego público -organizacións sindicais, colexios profesionais, institucións, etc.- para recabar as súas opinións e para someter a foros de debate especializados algunhas alternativas concretas que se propoñen.
“A partir destes documentos ábrese unha primeira fase de análise, de contraste de opinións, que dará lugar no seu momento á elaboración dun anteproxecto de lei e á súa tramitación correspondente xa na lexislatura seguinte”, asegurou. Así, tras as eleccións autonómicas e unha vez constituído o novo goberno, iniciaranse os traballos para a elaboración dunha nova lexislación, que confiou que estea concluída a finais de 2009 para, unha vez superada a tramitación interna, poder iniciar o curso parlamentario.
Entre os aspectos que se tratan no libro, o conselleiro destacou como máis novedoso a inclusión en moitos aspectos da Administración local: “Trátase dunha innovación feita polo Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) que neste momento está sendo considerada por todas as Comunidades Autónomas como un paso necesario para favorecer a mobilidade horizontal dos funcionarios entre distintas administracións, e tamén para introducir maiores graos de homoxeneidade no funcionamento interno das administracións públicas”, asegurou.
Profesionalización dos directivos
Tamén se referiu á necesidade profesionalizar as funcións directivas, explicando que ata agora a Xunta mantiña un esquema baseado na obtención dun diploma de directivo, aínda que na práctica ese requisito non era seguido de xeito habitual e non era posible garantilo para todos os postos directivos. Por iso, dixo, dende hai un tempo este proceso está sometido a revisión, xa que -ao igual que en todas as grandes organizacións- aparece a necesidade de ter un nivel aberto pero consolidable de persoas formadas especificamente en técnicas de dirección de persoal, de planificación, habilidades de comunicación e de resolución de conflictos.
“A necesidade de que ese tipo de directivos do sector público sexa estable, que poidan prestar os seus servizos nunha organización ou noutra dentro do amplo mundo das administracións públicas, trátase dunha innovación importante dentro da organización na que estamos interesados”, afirmou Méndez Romeu. Ao respecto, indicou que isto precisará dun cambio legal importante para facer que ese nivel directivo sexa consolidable e signifique tamén un grao de desenvolvemento dentro dunha carreira profesional: “Ao final trátase de captar e reter profesionais para a dirección de empresas especialmente complicadas”, engadiu o conselleiro.
Cobertura de postos de traballo
Os Documentos para a reforma da Función Pública recollen tamén unha nova regulación dos corpos e escalas nos que se organiza a Administración, propoñéndose sobre todo a creación de áreas funcionais que permitan superar un marco ás veces “excesivamente ríxido” para a promoción e a cobertura de postos de traballo. O titular de Presidencia explicou que neste eido aparece un novo reto, que é a adaptación dos corpos e as escalas aos requisitos derivados da adaptación das titulacións universitarias ao Espazo Europeo de Educación Superior e que significará cambios importantes nos requisitos específicos para o acceso a cada corpos e escalas dos empregados públicos, asunto no que, na súa opinión, “evidentemente os colexios profesionais teñen unha opinión importante”.
Así mesmo, no texto se fala de aspectos como a necesidade de abordar a incorporación á Función Pública dos europeos comunitarios no marco que sinala a normativa europea e o tratamento dos idiomas no acceso á Administración, tanto na a lingua propia de Galicia como os idiomas comunitarios de especial interese; así como da proposta do EBEP de diminuír a idade de acceso á Administración dos 18 aos 16 anos.
Doutra banda, o libro recolle todos os problemas de carreira profesional, como o regulamento da mobilidade tanto horizontal como vertical -e dentro desta a avaliación do desempeño- e os aspectos de cooperación interadministrativa.
Compromiso cumprido
O mandatario subliñou que se trata dunha documentación “importante na súa calidade estratéxica”, pero que representa a opinión das persoas que elaboraron e non da Administración. “Aquí hai máis propostas e máis temas dos que serán abordados con toda probabilidade na futura lexislación -explicou-, que será un marco concreto que tentará dar resposta aos problemas principais de acordo cos debates que se están levando de maneira coordinada en todas as administracións autonómicas de España para desenvolver o EBEP”. Sinalou que no texto aparecen moitas reflexións que axudan a contextualizar problemas “que ás veces son comúns a administracións de toda a UE e outras son moi específicas da situación en Galicia”.
Afirmou que a Xunta cumpriu o compromiso proposto no seu día e asegurou que nos próximos meses, logo deste debate, iniciaranse os traballos de redacción dunha lexislación que “vai ser complicada” na medida en que vai substituír todas as normas das últimas dúas décadas.
Posibilidade de incentivos
Preguntado polos xornalistas acerca da posibilidade de incentivar economicamente aos empregados públicos, o conselleiro indicou que os expertos propoñen expresamente manterse nun esquema retributivo semellante ao actual. Lembrou que o marco retributivo xeral dos funcionarios ten un teito, que son os orzamentos anuais onde se fixa un tope do incremento salarial, e logo os complementos, onde si cabe un marxe de negociación para responder ás necesidades de determinados postos ou as obrigas que implican determinados exercicios profesionais.
Considerou que ese esquema, que leva vixente dúas décadas, ata agora funcionou “razoablemente”, polo que introducir outro tipo de incentivos de carácter económico “neste momento non está sobre a mesa”. Falou, en cambio, doutro tipo de incentivos ligados ao desempeño que teñen que ver coa carreira profesional, xa que tradicionalmente esta estaba moi vencellada á antigüidade, e explicou que o debate está en modificar iso, é dicir, facer que esta sexa un factor pero non o determinante na promoción profesional.
Do mesmo xeito, no que se refire á posibilidade de penalizar aos traballadores por baixo rendemento sinalou que unha das características básicas que ten a Administración é a inmobilidade do posto de traballo, xa que os funcionarios non poden ser destinados nin cesados discrecionalmente por un poder político. “Esa é a garantía de que os funcionarios serven para intereses públicos con independencia dos cambios nas direccións dos gobernos –declarou-. Ese criterio mantense evidentemente sen cambio algún”. Así, explicou que “o que se buscan son medidas de incentivos positivos e de promoción”.
Comisión de expertos
Sobre a comisión que elaborou o documento, Méndez Romeu destacou que estivo constituída por 15 expertos que representaban tanto as áreas da Xunta de Galicia que ocupan maior volume de efectivos –función pública, sanidade, servizos sociais, educación, etc- como aos organismos autónomos da propia Administración, das universidades, da Administración local e do ámbito da xustiza, “sen esquecer a representantes da empresa privada para ter elementos de contraste en algúns temas moi concretos”. Ese grupo solicitou á súa vez achegas concretas para determinados aspectos doutras quince persoas.