VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, e o alcalde de Ponteareas, Salvador González, inauguraron hoxe o segundo campo de fútbol de céspede artificial que a institución provincial instala no municipio, o terreo de xogo de Angoares. Esta nova dotación deportiva precisou un investimento de 600.000 euros dos cales o Concello asumiu 92.000 euros e a administración provincial a restante contía económica..
Así, dende hoxe, este campo de fútbol dispón de 7.000 metros cadrados de céspede artificial ademais dun xogo de porterías de fútbol once, dous xogos de porterías de fútbol sete abatibles, un xogo de bandeirolas de córner, bancadas para suplentes, un marcador e 200 asentos. Así mesmo, a Deputación dotou a este campo de fútbol dunha grada con capacidade para 250 espectadores; pavimentou o entorno; e instalou redes de oito metros nos fondos do campo para evitar a perda de balóns.Escolas deportivas gratuítas e un novo pavillón
Tal e como recordou o presidente da Deputación, esta actuación no campo de fútbol de Angoares “ven a sumarse á xa realizada no campo de fútbol de Pardellas no que a Deputación investiu un millón de euros”. E tamén á construción dun pavillón polideportivo, actualmente en fase de contratación, “no que investiremos outros 600.000 euros”.
Tamén Louzán recordou a aposta da Deputación polo deporte base no municipio que se traduciu na creación de escolas deportivas totalmente gratuítas de fútbol, balonmán e iudo nas que participan 300 nenos de Ponteareas.
“O compromiso da Deputación Provincial co desenvolvemento de Ponteareas é indiscutible”, aseverou Louzán, quen recordou tamén outros proxectos da Deputación como son a reforma do auditorio Reveriano Soutullo, ou as importantes obras de saneamento acometidas recentemente no municipio, entre outras.
Coa finalidade de evitar o deterioro que co uso poida sufrir o terreo de xogo, o mantemento e conservación do céspede levarase a cabo conxuntamente entre Deputación e Concello, abonando os custos na mesma porcentaxe que nos custos de construción, 75% Deputación e 25% Concello.
Os campos de herba artificial promovidos pola Deputación ofrecen vantaxes con respecto ós de céspede natural. Tal e como explicou Louzán “teñen menos custes de mantemento, permiten un maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro”.
A posta en marcha desta insfraestructura responde ó propósito da Deputación de Pontevedra de fomentar e facilitar o deporte de base, así como mellorar as dotacións deportivas da provincia a partir da construción de campos de céspede artificial en distintos municipios, de xeito que se procura un mellor servizo para os cidadáns xa que as superficies sintéticas permiten un maior uso e aproveitamento e un menor custe de mantemento.