VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, presentrou na Cámara Baixa unha proposición non de lei na que insta ao Goberno a realizar as xestións oportunas ante a UNED para que admita a presentación e leitura de teses de doutoramento en galego, catalán e euskera.
O deputado do BNG decidiu presentar esta iniciativa parlamentar para rematar cunha “situación anómala xa que a UNED permite a presentación de teses en linguas estranxeiras pero non acepta os traballos de investigación realizados nas linguas cooficiais”. Jorquera demana ao Goberno que se modifiquen as normas da Comisión de Investigación e Doutorado da UNED para que nos criterios relativos aos idiomas e linguas para a presentación de teses de doutoramento se inclúan as linguas cooficiais do Estado. Lembra que son numerosos os casos de estudantes aos que se lles impediu ler en lingua galega os seus traballos de investigación.
Situación de anormalidade para coas linguas recoñecidas pola Constitución
“Compartirá o Goberno que se trata dunha situación de anormalidade porque nos estamos a referir ás linguas cooficiais do Estado español, totalmente amparadas e recoñecidas pola Constitución. As decisión da UNED neste aspeito atentan contra o pluralismo lingüístico existente e, desde logo, alónxanse claramente do compromiso do Goberno de impulsar as linguas do Estado”.
Non é de recibo, subliña Jorquera, que a pesar de teren este estatus, “os doutorandos que queiran presentar a súa tese en galego só se atopan con obstáculos, impedimentos e negativas”.
Para o deputado do BNG o compromiso do Executivo na incentivación do galego, catalán e euskera debe ter unha proxección na vida real das institucións, Ministerios e órgaos públicos dependentes da Administración central como é o caso da UNED. Por iso, recalca, “é esperábel que o Goberno emprenda as actuacións pertinentes para normalizar o uso das linguas cooficiais no ámbito universitario de terceiro grao”.