A GUARDA / TOMIÑO (MORRAZO-tribuna).- O deputado popular César Pérez Ares e a voceira de Traballo do Grupo Popular no Parlamento Beatriz Mato Otero, celebraron hoxe unha rolda de prensa en Tui para valorar os datos de paro na comarca do Baixo Miño e Louriña, destacando o alarmante aumento de parados nunhas comarcas que ata o de agora se caracterizaron polo seu dinamismo económico.
Segundo Beatriz Mato Otero “na provincia de Pontevedra hai hoxe 7045 parados mas que cando entrou o goberno bipartito da Xunta de Galicia e nos 8 municipios que conforman a comarca do Baixo Miño e os municipios de Porriño, Mos e Salceda hai 1070 parados mais que cando chegaron, 1404 parados mais que hai un ano e 802 mais que a principios de ano”.
Os deputados populares criticaron que a Administración autonómica non tome medidas para frear esta sangría xa que “o señor Conselleiro de Traballo practica a política de brazos cruzados e esto é inadmisible nunha comarca que sempre foi creadora de emprego e innovadora no proceso industrial” indicou Beatriz Mato.
Segundo Pérez Ares as mais castigadas pola crise son as mulleres “con 2013 paradas o que representa o 53,86%, os homes representan o 34,33% e os xovenes menores de vintecinco anos son o 11,83%”. Ante esta situación, indicou o deputado popular, numerosas familias verán mermada a súa capacidade económica e, sobre todo, os que están vinculados ao sector secundario, o mais afectado pola crise, nos sectores da construción e a industria vinculada a automoción. Así mesmo están afectados o sector servizos no que respecta a hostalería, comercio e no sector terciario está o relacionado co emprego en viveiros, flor e horta.
En canto a Louriña os deputados populares salientaron o aumento espectacular do paro en Mos no mes de outubro que acadou a suma de 1093 persoas paradas mais, o que supón un aumento do 23,65% respecto ao mes anterior. En Porriño o aumento do paro representou un 10,25%.
POLÍGONOS INDUSTRIAIS E POLITICAS ACTIVAS DE EMPREGO
Os deputados populares propuxeron varias iniciativas para non deixar que a crise sega afogando as familias da comarca. Por unha banda apostaron pola posta en marcha dos polígonos industriais de Tomiño e de A Guarda O Rolsal xa que “a día de hoxe non se construíu nin un só metro cadrado” indicou Pérez Ares, o que evitaría a fuga de empresas, a maioría a Portugal.
Outra das propostas dos deputados populares radicou en que a Administración Autonómica puxera en marcha políticas activas de emprego, como as relacionadas coa formación das persoas en función da demanda existente.