PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- A organización xuvenil Galiza Nova de Ponteareas avalía como un éxito as actividades desenvolvidas para conmemorar o Día Mundial da Loita contra a Sida celebradas durante a pasada fin de semana.
Durante a noite do sábado, os locais que participaron na actividade baixo o lema “De marcha con seguridade” repartiron gratuitamente miles de preservativos embolsados pola orgaznización para a ocasión. Ademais, durante a noite, repartiuse información sobre sexualidade “co propósito de informar á mocidade dos perigos que supón manter relacións sexuais sen as debidas precaucións, causantes, en gran medida, do aumento do número de enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados”. Este reparto de información estivo animado por membros da organización xuveníl durante toda a noite.
A actividade, que pensaba completarse cun reparto de información e lazos vermellos na Praza Maior, modificou o programa inicial polo mal tempo e esta tarde do 1 de Decembro repartiuse información ás portas do Instituto de Educación Secundaria de Ponteareas, “onde se intenta incidir con máis forza, ao ser á xente máis nova a que debe ter acceso a unha maior información sobre sexualidade e enfermidades de transmisión sexual”, indicou Yanara Porto, Responsable Local de Galiza Nova.