PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna).- Este luns 15 de decembro, nun acto organizado polo BNG de Ponteareas, o Director Xeral de Turismo da Xunta de Galiza, Rubén Lois, manterá un encontro cos alfombristas, no Centro Artístico Sportivo a partir das 7.30 da tarde. “Nesta reunión o BNG, transmitirá as suas propostas, a nivel municipal, sobre a promoción do Corpus e a política turística dos nacionalistas na Xunta nestes catro anos, en relación a este tipo de manifestacións culturais e festivas” anunciou Roberto Mera, Concelleiro en Ponteareas e membro da Executiva Nacional do BNG
No encontro tratarase sobre a declaración de interese internacional da festa do Corpus, as xestións realizadas polo goberno municipal nos últimos dous anos, dende a sua aprobación polo pleno da Corporación. Pola sua parte, o Director Xeral de Turismo, dependente da Consellaría de Innovación e Industria expoñerá as posibilidades de apoio aos alfombristas, así como a importancia e a repercusión exterior que pode supoñer para o Corpus e Ponteareas, a celebración do congreso internacional de alfombristas.
Rubén Lois tamén aproveitará para recoller as suxestións e ideas dos alfombristas, para mellorar esta celebración, especialmente aquelas que poden recibir o apoio, técnico ou económico da Dirección Xeral