06 diciembre 2008

Mellora na estrada interior
de San Vicente do Mar (O Grove)


VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Deputación, Rafael Louzán inaugurou hoxe as obras de mellora de trazado da estrada interior de San Vicente de O Grove financiadas integramente por esta institución cun investimento de seis millóns de euros. O acto contou cunha importante presenza de autoridades que se sumaron a esta inauguración como foron o alcalde de O Grove, José Antonio Cacabelos, alcaldes dos municipios do Salnés, técnicos responsables das obras e centos de veciños.

Na súa intervención, Rafael Louzán destacou que a obra inaugurada “constitúe da actuación de maior importancia orzamentaria das executadas pola entidade en carreteiras de toda a provincia nos últimos 20 anos”. Recordou tamén que as obras acometéronse nun traxecto de sete quilómetros e por tramos moi poboados o que motivou que se precisase moito tempo para rematar a actuación pero finalmente “conseguimos eliminar as famosas curvas da morte que caracterizaban esta vía”, aseverou.Unha vía para as persoas 
O titular da Deputación agradeceu publicamente a colaboración dos veciños posto que “lles tivemos que tocar nas súas leiras” para dispoñer dunha pensada para as persoas, con beirarrúas, marquesiñas e perfectamente sinalizada de xeito que se poda percorrer con total seguridade.

Así mesmo Louzán afirmou que “no seu momento prometemos e hoxe cumprimos un compromiso” e comentou tamén que a maior parte dos retrasos produxéronse pola inclusión de melloras non previstas no proxecto inicial pero que foron asumidas pola institución co obxecto de acadar as mellores condicións para veciños e vehículos. Neste senso aportou o dato de que as obras foron adxudicadas inicialmente en dous millóns de euros e finalmente custaron tres veces máis a causa deste motivo.


Finalmente o presidente da Deputación puxo de relevo que a Deputación todas as vías de O Grove que afectan á Deputación atópanse nun estado óptimo, dende a carretera de O Conde que está practicamente rematada; á rampa de Meloxo; ou a estrada de acceso pola costa que foi executada pola Xunta a través dun convenio asinado coa Deputación.

Pola súa banda, o alcalde de O Grove, José Antonio Cacabelos destacou a importancia deste acto porque “inauguramos unha infraestrutura moderna que mellorará a calidade de vida dos veciños que viven a carón desta vía, así como dos turistas que se achegan a este municipio.

Así mesmo, comentou que a boa coordinación entre as administracións deu como resultado unha acción coma esta que permite que os veciños “estean hoxe mellor que onte”. Finalmente, manifestou o seu “desexo” e boa disposición “á hora de coordinarnos Concello e Deputación para rematar pequenos flecos que restan na última parte do tramo desta estrada”.

En nome dos veciños falou Manuel Ochoa quen quixo expresar o seu agradecemento os impulsores iniciais desta obra, José Castro e Miguel Pérez. Do mesmo xeito afirmou que “para os que estamos aquí non foi fácil xa que nos tocaron as nosas leiras” pero destacou que “non se tirou a baixo ningunha casa. Tamén agradeceu á Deputación a súa colaboración no remate da capela e na instalación dun parque infantil ó marxe da estrada. Finalmente solicitou o compromiso das institucións para mellorar o campo de fútbol das Lampáns.

Con motivo da inauguración da estrada interior de San Vicente descubriuse unha placa conmemorativa instalada sobre un monumento en pedra en homenaxe ó carro esculpida polo artista local Rafael Meis Blanco. Tamén Rafael Louzán entregoulle unha placa de agradecemento ó técnico responsable do proxecto Roberto Aya.


Situación anterior

A carreteira vella resultaba insuficiente para cumprir as súas funcións, xa que o ancho medio pavimentado era de 5 metros, con zonas onde nin sequera se acadaban os 4 metros. A actuación da Deputación permitiu ademais eliminar curvas moi perigosas.

Situación actual 

A vía é unha arteria clave na rede viaria municipal que completa a circulación perimetral do Grove e serve de acceso á zona norte.

Acometéronse obras de ancheamento e urbanización nun traxecto de 7.200 metros ó longo dos cales se construíron dúas calzadas de 3,50 metros cada unha, arcéns de 1 metro e beirarrúas de 2, ata acadar un ancho total de plataforma que vai dende os 9 metros nalgún punto ata os 10,5 na maioría e ós 15 nos lugares onde se construíron dúas franxas de aparcamento. 

A estrada está dotada de cunetas, colector de recollida de pluviais, e a substitución da totalidade das obras de drenaxe existentes. 

A Deputación non só executou nesta estrada obras da súa competencia como poden ser o asfaltado e o ancheo, senón que ademais, acometemos traballos que lle corresponderían ó Concello como son as canalizacións...