A Asociación de Veciños de Coruxo convoca á veciñanza de Coruxo e a toda a cidadanía viguesa a unha manifestación co lema “NON A AMPLIACIÓN DA DEPURADORA EN CORUXO, que terá lugar o vindeiro sábado 7 de Febreiro. Con saída ás 17’00 horas do cruce entre a estrada de Camposancos e a Baixada ó Vao (cruce da Xurela) e que rematará fronte a entrada da actual depuradora. Os motivos desta convocatoria son os seguintes:
1) A DEFENSA DA SAÚDE DA NOSA VECIÑANZA E DOS RAPACES E RAPAZAS DOS NOSOS CENTROS DE ENSINO.
2) A DEFENSA E PROTECCIÓN DA XUNQUEIRA DO LAGARES E A SÚA RECUPERACIÓN INTEGRAL.
3) A DEFENSA DA RÍA E DUN PLANO DE SANEAMENTO INTEGRAL PARA ESTA QUE GARANTA MINIMIZAR A GRAVE CONTAMINACIÓN QUE SUFRE.
4) A DEFENSA DA LEI.
Por todo isto:
NON A AMPLIACIÓN DA DEPURADORA EN CORUXO.
Coruxo a 5 de Febreiro de 2009
Nota.- O remate da manifestación leerase un manifesto asinado por varias entidades que apoian esta manifestación